Novas

Estimados poceros fans do equipo veterano máis elegante e técnico da liga local de Ferrol.
O partido:
Mesón O Perdidiño Rio do Pozo Veterano
a celebrar o 18/12/2011 10:00 - Sta. Cecilia
tivose que aplazar debido ás dificultades para conseguir un cuadro mínimo de xogadores para celebralo nesa data.
Avisaremos cumplidamente cando unha nova data sexa establecida.
Feliz Navidade Poceros!

Estimados poceros e poceros prebenjamines en especial,
por certos problemas técnicos (relacionados cos dedos da xente que introducimos os datos na web)>/i> durante toda esta semana as horas de celebración dos partidos do campionato prebenjamín eran erróneas.
A hora correcta do os nosos prebenjamines é 17:15 no pavillón de Caranza.
Devandito erro foi emendado e os responsables fixemos a debida penitencia.
Mil perdóns a todos
Equipo Web RDP
Como todos os poceros xa sabeis o día 17 de decembro RDP celebra a súa asemblea xeral ordinaria.
Pasamos a explicarvos o programa da xornada con máis detalle.
10:00 Fotografía oficial Xunta Directiva e Corpo Técnico.
Deberán asistir todos os membros da Xunta Directiva e o Corpo Técnico uniformados co chándal oficial do club.
10:15 Fotografía oficial Equipo Veteranos.
Deberán asistir co equipamento oficial de xogo laranxa.
10:30 Fotografía oficial equipo Infantil E.F.S.
Deberán asistir co chándal oficial do club así como co equipamento oficial de xogo laranxa.
10:45 Fotografía oficial equipo benjamín E.F.S.
Deberán asistir co chándal oficial do club así como co equipamento oficial de xogo laranxa.
11:15 Fotografía oficial equipo prebenjamín E.F.S
Deberán asistir co chándal oficial do club así como co equipamento oficial de xogo laranxa.
11:45 Fotografía oficial equipo biberón E.IDE.
Deberán asistir coa camiseta de adestramento xunto con pantalón e medias.
12:00 - 13:30 Asemblea Xeral Ordinaria de socios en Centro Deportivo Castro.
14:00 Comida de Nadal
Celebrarase no Restaurante Río do Pozo con todas as familias de alumnos, Corpo Técnico e Xunta Directiva. O menú e o prezo por persoa será o seguinte:
- Adultos (10 €): Sopa e carne asada.
- Nenos (9 €) : Macarrones á carbonara e Lombo con patacas.
Por favor, recordade confirmar a asistencia antes do día 10 de decembro a través dos seguintes medios.
- Tlfno: 639 946 888 (Carlos Díaz)
- presidencia@cdriodopozo.com
¡Vémonos na asemblea poceros!
O Presidente do Club Deportivo Río do Pozo convoca a ASAMBLEA XERAL ORDINARIA DE SOCI@S a cal terá lugar o próximo SÁBADO 17 DE DICEMBRO DE 2011 ás 12:00 horas en primeira convocatoria e ás 12:30 HORAS en segunda convocatoria no CENTRO DEPORTIVO DE CASTRO co siguinte ORDEN DO DÍA:
- 1- Informe da tempada 2010/2011.
- 2- Presentación e aprobación, se procede, do balance económico da tempada 2010/2011.
- 3- Presentación e aprobación, se procede, da memoria de actividades e presuposto de ingresos e gastos correspondente á tempada 2011/2012.
- 4- Rogos e Preguntas.
Esperamos vero a todolos poceiros alí.
O club O'Parrulo Ferrol Fútbol sala tivo o detalle de proporcionar entradas gratis para os integrantes das escolas RDP que as soliciten para asistir ao seu próximo partido correspondete á 3ª eliminatoria da Copa do Rey de fútbol sala.
O partido, que promete ser emocionatisimo, enfrontarao en derby rexional ao Azkar Lugo F.S.
O'PARRULO FERROL F.S. - AZKAR LUGO F.S.
Lugar: Pavillón da Malata
Data: Martes, 6 de Decembro de 2011
Hora: 19 horas
As entradas poden ser solicitadas ata o dia 2 de decembro a través de Víctor Garrote:
Teléfono: 663 323 350 - E-mail: vgarrote@cdriodopozo.com



















