Novas

Saúdos a todos os RDPeros:
Pouco a pouco, a tempada oficial remata para moitos equipos, xa que finalizan a súa participación na Copa. Este domingo teremos o último partido dos nosos alumnos das categorías prebenxamín e infantil e o penúltimo dos alevins. Todos os partidos serán no Pavillón Campo da Serra (Santa Icia). Os benxamíns gozan da xornada de descanso, sabendo que xa estan clasificados para a fase final da Copa. Imos ver o que temos por diante este domingo:
Os prebenxamíns xogarán co Canido, ás 17:15. Sobre o papel, parte como favorito o Canido, xa que buscará a vitoria para clasificarse directamente para a fase final de Copa. Os nosos alumnos intentarán realizar un bo partido, e sobre todo, pasalo ben e aprender xogando, e así poder despedir a tempada oficial do mellor xeito posible.
Os alevíns xogarán co Cidade de Narón, ás 18:00. Os nosos alumnos enfrontaranse cun óso duro de roer, xa que o Cidade de Narón é o Campión de Liga e non poñerá as cousas doadas aos nosos alumnos. Os nosos alumnos intentarán ofrecer a súa mellor versión para así poder realizar un bo partido.
Os infantís xogarán co Materiales del Atlántico - O Parrulo "A", ás 18:45. Coa clasificación na man, este partido xa é intranscendente, xa que O Parrulo "A" xa ten asegurada a súa clasificación para a Final de Copa e os nosos alumnos xa non se xogan nada. A parte positiva destes partidos é que se pode dar a sorpresa e se os nosos alumnos realizan un bo encontro poden poñer en serios problemas ao O Parrulo "A" e poder arreporlles durante o encontro e así finalizar a tempada oficial do mellor xeito posible.
Dende esta web animámosvos a todos os que poidades que visitedes os pavillóns para ver os partidos!!!
Moita sorte a todos os equipos!!! Vémonos na pista!!

Saúdos a todos os RDPeros:
Penúltima xornada de Copa para os alumnos de prebenxamín, infantil; antepenultima para os alevíns e última da fase de grupos para os benxamíns. Isto empézase a decidir e é o momento da verdade. Todo se decide nestes partidos. Imos ver como lles foi aos nosos alumnos o pasado domingo.
Os prebenxamíns xogaron co Neda "A", no Pavillón de A Gándara (Narón). O resultado do encontro foi de 2-2.
Unha vez máis disputamos un partido moi intenso no que os nosos alumnos xogaron a un gran nivel e con moitas ganas durante todo o partido, o cal se reflectiu no marcador. O Neda "A" foi un gran rival e tivo ocasións de poñerse a máis distancia no marcador, pero unha vez máis un inmenso Andrei púxolles as cousas moi difíciles.
Os nosos goles marcounos Borja, un no primeiro tempo, e o outro no segundo.
Unha vez máis temos que agradecer o apoio da aficción que animaron en todo momento ao equipo.
Os benxamíns xogaron co Cidade de Narón, no Pavillón de A Gándara (Narón). O resultado do encontro foi de 3-7 faborable á EFS Rio do Pozo.
O partido dos nosos alumnos foi moi parecido aos anteriores. Cústanos moito empezar chegando moi xustos ao descanso, para despegar na segunda metade, obtendo un bo resultado no marcador.
O Cidade de Narón foi un rival moi duro de roer na primeira metade, na que estaban a xogar moi ben, chegando a estar por diante no marcador, para ir paulatinamente cedendo ante o xogo da EFS Río do Pozo durante o segundo tempo.
Con esta vitoria, a EFS Río do Pozo logra a clasificación para os Cuartos de Final da Copa. Queda saber en que posición de grupo quedará finalmente e o equipo co que xogará a eliminatoria.
E no Pavillón de San Valentín, os alevíns xogaron co Pizza Tutto/Freixo, con resultado de 6-1 para o Pizza Tutto/Freixo e os infantís xogaron co CMI Unidade de Fene, con resultado de 3-0 para o CMI Unidade de Fene. Sentimos non ter máis datos de ambos os dous encontros.
O próximo domingo gozaremos dunha nova xornada de liga. Esperámosvos!!!!

A Xerencia do club convoca todo o grupo de delegados desta e da próxima tempada para unha reunión que se celebrará no seguinte lugar, data e horario:
Lugar:
Sede do club
Local Social de Nelle, Estrada de Cedeira, s/n 15578, Narón
Data:
Mércores, 5 de Maio de 2010
Hora:
20:30 horas
Os asuntos a tratar na devandita reunión serán os seguintes:
- Presentación do provisional proxecto, a catro anos vista, para a Escola de Fútbol Sala.
- Presentación dos organigramas de traballo facendo especial énfase no organigrama de xestión administrativa para a Escola de Fútbol Sala.
- Presentación, de forma resumida, das tarefas do Secretario de Escola, dos/ás delegados/ás de cada un dos equipos así como as súas ferramentas de traballo.
- Presentación do Calendario provisional de actividades para a Escola de Fútbol Sala.
- Presentación da documentación necesaria para a matricular (altas ou renovacións) os alumnos da Escola de Fútbol Sala e o seu proceso a seguir.
- Entrega cada un dos delegados dunha ficha persoal a cumprir.
Prégase que por motivo de calquera ausencia ou impuntualidade dos convocados se avise con, polo menos, 24 horas de antelación ao Xerente do club e a través da seguinte forma:
- Correo electrónico: vgarrote@cdriodopozo.com
Grazas pola vosa atención.

Saúdos a todos os RDPeros:
Pouco a pouco, a Copa vai adestrado nas súas xornadas decisivas. A clasificación ou quedar no camiño depende dun fío. Entramos nas semanas nas que todos os equipos se a xogan, xa non hai lugar para fallos se se quere continuar na competición. Así que este domingo se van empezar a xogar moitas cousas para os alumnos da EFS Río do Pozo.
Os prebenxamíns xogarán co Neda "A", ás 17:45, no Pavillón de A Gándara (Narón). Promete ser un encontro igualado, entre dous conxuntos que buscasen a vitoria para así levarse un bo recordo desta Copa. Os prebenxamíns intentarán facer un bo encontro e con iso, mostrando todos os seus progresos nestas últimas semanas.
Os benxamíns xogarán co Cidade de Narón, ás 18:30, no Pavillón de A Gándara (Narón). Sobre o papel, os nosos alumnos deberían levarse o partido, pero tras o tropezón da semana pasada, non se deben de confiar, xa que unha nova derrota pode complicarlles a súa clasificación para a fase final de Copa, mentres que unha vitoria case lla aseguraría.
Os alevíns xogarán co Pizza Tutto/Freixo, ás 18:00, no Pavillón de San Valentín (Fene). Os nosos alumnos, aínda que non partan como favoritos, intentarán realizar un bo encontro e plantalo cara a un dos equipos que conseguiu a vitoria na primeira xornada de Copa.
Os infantís xogarán co CMI Unidade de Fene, ás 18:45, no Pavillón de San Valentín (Fene). Os enfrontamentos entre ambos os dous equipos ao longo desta tempada foron igualados, e todo parece indicar que nesta ocasión tamén vai a selo. Esperemos que os nosos alumnos poidan realizar un bo encontro e consigan nesta Copa un xusto premio que recompense todo o esforzo realizado nesta tempada.
Dende esta web animámosvos a todos os que poidades que visitedes os pavillóns para ver os partidos!!!
Moita sorte a todos os equipos!!! Vémonos na pista!!

Saúdos a todos os RDPeros:
Terceira semana de Copa para os alumnos das categorías prebenxamín, benjamin e infantil e primeira semana para os alevíns. O final da tempada achégase e o domingo tivemos unha nova xornada. Imos ver como foi a cousa:
Os prebenxamíns xogaron co Amistade Meiras "A", no Pavillón Campo da Serra (Santa Icia). O resultado do encontro foi de 5-1 favorable ao Amistade Meirás "A".
Foi un partido moi intenso no que os nosos alumnos xogaron moi ben e con moitas ganas, o cal non foi suficiente para sacar un resultado positivo. O Amistade Meirás "A" xogou a un excelente nivel, e aínda que non dominou claramente o encontro, foi superior.
O noso gol marcouno Borja, transformando de forma impecable un claro penalti.
Unha vez máis vimos unhas incribles intervencións do noso porteiro Andrei, que como sempre, estivo moi atento, e mesmo nunha ocasión chegou co balón controlado ata a metade do campo.
Agradecer o grande apoio dunha aficción entregadísima, que non deixou de animar o equipo en todo momento.
Os benxamíns xogaron co Amistade Meirás, no Pavillón Campo da Serra (Santa Icia). O resultado do encontro foi de 3-5 favorable ao Amistade Meirás.
A pesar de que os nosos alumnos conseguiron adiantarse no marcador, e querían dominar no partido, o partido volveuse moi dificil debido á gran velocidade dalgúns xogadores do Amistade Meirás e a tremenda entrega defensiva que achegaban ao xogo.
Os nosos alumnos xogaron en vantaxe a maior parte do encontro ata que chegaron os minutos finais nos que non se soubo manter a mínima vantaxe e remataron cedendo tres puntos ante un bo equipo Amistade Meirás que se coloca, ao igual que os nosos, con seis puntos na táboa de clasificación e cun partido menos debido á súa xornada de descanso.
Resaltar por parte dos nosos, os continuos repregamentos que tiveron que padecer para evitar os rápidos ataques de Amistade Meirás e o bo traballo de Diego González, en particular, facendo innumerables coberturas aos seus compañeiros e saíndo airoso de multitude de escapadas por banda. Bo traballo, en xeral, de todo o grupo que se esforzou moito para levarse o partido pero que puntuais erros, habituais en alumnos destas etapas, non lles permitiron levarse a vitoria.
Os alevíns xogaron co Materiales del Atlántico - O Parrulo "A", no Pavillón de A Gándara. O resultado do encontro foi de 0-14 favorable ao O Parrulo "A".
Cando teñamos máis datos deste encontro proporcionarémosvolos.
Os infantís xogaron co Materiales del Atlántico - O Parrulo "B", no Pavillón de A Gándara. O resultado do encontro foi de 2-4 favorable ao O Parrulo "B".
Sentimos non ter máis datos deste encontro.
O próximo domingo gozaremos dunha nova xornada de liga. Esperámosvos!!!!
















