Novas

Foto vencellada

Como parte do noso labor social desde o Club Deportivo Río do Pozo apoiamos a iniciativa do Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol de organizar un concurso de debuxo para todos os nenos entre 1º e 6º de educación primaria,


O tema do concurso é Q¿QUE É A XUSTIZA PARA TI?


Desde RDP animamos a todos os nosos artistas do balón a converterse por un día en artistas do lapis e as cores e demostren que sabemos que o que hai máis aló do laranxa pocero.


+info no correo icaferrol@avogacia.org ou no teléfono 981 354 705


Alégranos comunicarvos a convocatoria xeral aos socios para participar nunha actividade lúdico deportivo con motivo do aniversario do noso club:

A Marcha Laranxa 2011

Consistirá nunha proba atlética en forma de paseo multitudinario desde o colexio de Piñeiros ata a zona de lecer do Roxal o dia 22 de outubro compartido por todos os socios participantes e as súas familias.

Esta marcha non será competitiva senón que terá por obxectivo fomentar a convivencia entre os membros do club á vez que se promociona o deporte como actividade divertida e saudable.

Como evento de fomento do deporte que é pedimos a todos os participantes que vistan coas cores laranxa do club para facernos ver e que a mensaxe ?somos diferentes? chegue a todos aqueles que nos vexan marchar.

Unha vez chegados ao Roxal celebraremos unha pantagruélica comida como é de rigor despois do esforzo e as emocións do camiño. Tamén haberá espazo e xogos preparados para que os pequenos pásenllo en grande.

Os datos concretos da actividade son:


Saída da marcha:

Colexio de Piñeiros ás 11:00horas

Chegada e comida:

O Roxal ás 13:00 horas (estimada)

Xogos e tempo de lecer:

Ata que nos cansemos :)

Itinerario:

Colexio Piñeiros, Paseo de Narón, Igrexa de Sta. María, Mourela, O Roxal

Custo da actividade:

12€ por adulto

10€ por neno


Para participar, por favor, contactade cos delegados ou co club.


Foto vencellada

A Escola de Iniciación Deportiva Río do Pozo celebrará a súa presentación no seguinte lugar, data e hora:

Lugar: Local Social de Nelle, Estrada de Cedeira, s/n C.P.: 15578
Data: Sábado, 24 de Setembro de 2011
Horarios: 11:30

Aqueles alumn@s de idades comprendidas entre os catro (4) e os sete (7) anos que desexen participar das súas actividades poderán obter máis información de calquera das seguintes formas:

E-mail: eidriodopozo@cdriodopozo.com
Teléfono: 639 946 888 | 663 323 350

¿A que esperas? ¡Apuntate a aprender connosco!


Foto vencellada

O Club Deportivo Río do Pozo alégrase de convocar aos pais e nais da Escola de Fútbol sala ao acto de presentación da tempada 2011/12.

O acto celebrarase en:

Lugar: Local Social de Nelle, Estrada de Cedeira, s/n C.P.: 15578
Data: Sábado, 10 de Setembro de 2011


Cos seguintes horarios:

  • Categorías prebenjamín e benjamín 11:10 horas

  • Categorías alevín e infantil 12:00 horas

  • Categoría cadete 12:50 horas

Os puntos a tratar na citada presentación serán os que seguen:

  • Benvida do Presidente do club.

  • Benvida e presentación, por parte do Secretario da Escola, dos seguintes puntos:

    • Presentación do proxecto 2011/2012.

    • Presentación e entrega do calendario de actividades.

    • Presentación e entrega do horario de adestramentos.

    • Presentación e entrega do proceso de formalización como socio do club e de matrícula de alumnos.

    • Presentación do proceso para levar a cabo o recoñecemento médico.



  • Benvida e presentación, por parte do Director da Escola, dos seguintes puntos:

    • Presentación dos acenos de identidade do Club e da Escola de Fútbol sala.
    • Presentación da Planificación e Programación de cada un dos equipos.
    • Presentación do Corpo Técnico.


  • Consultas, dúbidas e/ou suxestións.

¡Esperamos vervos a todos!


A reunión prevista para eo Sábado, 18 de Xuño de 2011 posponse para a semana seguinte.
Nova data: Sábado, 25 de Xuño de 2011

O horario permanece igual:


  • Reunión de Pais Predeporte | 13:00 horas

  • Presentación tempada para novas matriculacións | 11:30 horas