Novas

Chegou o fin de semana e con el unha nova xornada de liga para os nosos equipos de RDP.

Os horarios para as diferentes categorías son os seguintes:

Os benxamines xogarán o domingo 17 ás 18:30 no pabellón de Narón (piscina) fronte ao Valdetires.

Os alevines farano tamén o domingo dia 17 ás 16:30 no Ensanche contra Santa Mariña/Páxinas Galegas.

Por último os veteranos xogarán na mañá do domingo 17 ás 10:00 no pabellón de Narón fronte ao Cidade de Narón.

Como facemos sempre, queremos que todos os nosos equipos síntanse arroupados e que a marea laranxa fágase oir en todos os pabellones.

Vémonos nas canchas poceros


Non comezou ben a tempada para os nosos equipos en canto a resultados refírese.

Nesta primeira xornada os resultados non acompañaron aos equipos de categoría base nin os veteranos, pero a tempada é moi longa e vendo o esforzo e alegría que poñen todos os poceros en cada partido e cada adestramento os resultados mellorarán moi pronto.

Empezando polos máis pequenos, os benxamines, caían por un resultado de 0-13 fronte a Fervenza, un partido no que os nosos poceros, malia todo o esforzo realizado, non puideron obter un mellor resultado, aínda que vendo a alegría coa que saen á pista en cada partido fainos ser optimistas de cara a futuros partidos.

Os seus irmáns maiores, os alevines, enfrontáronse, a priori, contra un dos rivais máis fortes da categoría, o filial do Parrulo. O encontro se decantó no resultado a favor do Parrulo por 0-14, pero do mesmo xeito que os benjamines, faltoulles un pouco de confianza ao ser o primeiro partido da tempada, confianza que sabemos que irán collendo semana tras semana.

Para rematar, os veteranos foron os encargados de abrir a tempada para o RDP. Enfrontábanse ao Valdetires e a balanza se decantou tamén en contra dos nosos poceros por 0-7. O partido non comezou ben para o RDP que encaixou un gol de forma rápida. Isto fixo que o RDP se fosen a presionar a 3/4 de cancha durante todo o partido o que aproveitou o Valdetires para perforar de novo a meta do RDP e afastarse no marcador. Pese a ir por baixo no marcador, o RDP dispuxo de ocasións para reducir distancias con dous tiros á madeira, falta de eficacia que non tivo o equipo contrario que si aproveitada as suas ocasións ata colocar o marcador final de 0-7.

Pese a estes resultados, desde o club RDP, quedámosnos co esforzo, loita e alegría que poñen todos os nosos poceros cada vez que saen á pista e coa fantástica afección que nos acompañou nos partidos.

Somos diferentes, somos Rio do Pozo.

ÁNIMOS POCEROS.


Foto vencellada

Este fin de semana comeza a competición para os equipos da escola de Rio do Pozo e tamén para os veteranos.

Unha tempada ilusionante na que esperamos encher todos os pavillóns nos que os nosos poceiros saian a xogar o seu partido e sentan o cariño e apoio da grande afección que ten este club.

O debut efectuarano os mais vellos, os veteranos, este domingo ás 10:00 da mañá no pavillón Das lagoas fronte ao Valdetires.

Os máis pequeniños, os benxamíns xogarán o domingo ás 17:30 no pavillón de Caranza contra o A Fervenza e deseguido entrará a escena o equipo cría, ás 18:15 e no mesmo pavillón de Caranza contra o "Parrulo A", unha boa ocasión para poder xuntar máis público na bancada e gozar dos dous partidos.

Desde el club hacemos una llamada a la afición para que esta temporada todos nuestros poceros se sientan arropados allá donde vayan y nos den innumerables alegrías.

Aúpa poceros. Aúpa RDP


O Club Deportivo Rio do Pozo co arquivo adxunto nesta noticia informa a todos/as os/as alumnos/as da Escola de Fútbol sala Río do Pozo sobre o lugar, data e hora dos encontros de PRETEMPORADA.

Ademais, na mesma circular aproveitamos para recordarlles unha serie de medidas que son de necesario cumprimento.

Vémonos na canchas Poceros.


Foto vencellada

Gran xornada a que se viviu o pasado sábado 19 durante a III MARCHA LARANXA organizada polo Club Deportivo Rio do Pozo.

A pesar de que as condicións climatolóxicas non acompañaron, estas non restaron ganas aos nosos Poceros, desde os máis peques ata os non tan peques, para completar unha camiñada a través dos nosos belos e mollados paraxes.

Logo de todo o esforzo realizado, nada mellor que repor forzas todos xuntos a base de tortilla, empanada, xamón, carne asada e deliciosos chocos, sen esquecerse da sobremesa e o chupito para algun@s, para acabar de entrar en calor.

Coas forzas repostas, os 50 asistentes á Marcha compartiron unha gran tarde de xogos e risas a través das actividades organizadas, na que non podía faltar, como non, un balón polo medio.

Queremos agradecer enormemente a todos os poceros que facedes que esta MARCHA LARANXA sexa posible, e que, edición tras edición, convértese nunha xornada case irrepetible.

Por todo isto, quedades invitados a participar na seguinte edición, que fai que este club poida ser, se cabe, aínda máis grande.

ÁNIMO POCEROS