Novas

Un ano máis coincidindo co aniversario do noso club poñémosnos/poñémonos a organizar a famosa:

III Marcha Laranxa RDP

Consistirá, como todos os anos, nunha actividade atletica non competitiva en forma de paseo desde o colexio de Piñeiros ata a zona de lecer de Ou Roxal o dia 19 de outubro realizado por todos os socios participantes e as súas familias.

Como sempre o obxectivo da marcha laranxa non é gañar, non é unha carreira, senón un xeito diferente de pasar un día fomentando o exercicio físico e creando camaradería entre os socios poceros, á vez que coidamos a saúde e os michelines.

Como evento de fomento do deporte que é pedimos a todos os participantes que vistan coas cores laranxa do club para facernos ver e que a mensaxe ?somos diferentes? chegue a todos aqueles que nos vexan marchar. E, para conseguir que todos vistamos de laranxa, temos unha oferta especial en camisetas de algodón do club. Dúas camisetas por só 5?. Non teneis escusa para non vestir as cores.

Unha vez chegados a Ou Roxal celebraremos unha pantagruélica comida como é de lei despois do esforzo e as experiencias do camiño. Tamén haberá espazo e xogos preparados para que os pequenos pásenllo en grande.

Os datos concretos da actividade son:


Saída da marcha:

Colexio de Piñeiros ás 11:30horas

Chegada:

Ou Roxal ás 13:30 horas (estimada)

Comida:

14:30 horas

Xogos e tempo de lecer:

Ata que nos cansemos :)

Itinerario:

Colexio Piñeiros, Paseo de Narón, Igrexa de Sta. María, Mourela, Ou Roxal

Custo da actividade:

15? por adulto
12? por pícaro

Para participar, por favor, contactad cos delegados ou co club. Máis información na circular achega a esta noticia.

Ímosnos/Ímonos de marcha poceros!!!


O Club Deportivo Río do Pozo convoca a reunión de Presentación da Tempada 2013/2014 da nosa Escola de Iniciación Deportiva (EID).

Celebrarase o vindeiro sábado 28 de Setembro de 2013, ás 12 horas, no Centro Deportivo de Castro.

Puntos a tratar:

Director da escola:


  • 1. Bienvenida e presentación do equipo de monitorado de EID para a tempada 2013/2014.
  • 2. Presentación dos acenos de identidade do Club e da Escola de Iniciación Deportiva.
  • 3. Presentación da planificación e programación anual das actividades deportivas.
  • 4. Presentación do calendario e horario das sesións.
  • 5. Indicacións, consellos e normas para a o bo desenvolvemento das sesións.

Delegado da escola:


  • 6. Entrega dos documentos pertinentes (alta de socio e matrículas) e explicación dos pasos a seguir.
  • 7. Entrega, aos asistentes, do calendario de actividades de EID e do Club (A Ruada, Marcha Laranxa, etc.)

Quenda de preguntas, consultas e/ou suxestións.

Vémonos alí poceros!


Foto vencellada

[Corrección. As ruadas escomenzarán as 18.30!]

O Club Deportivo Río do Pozo volve a levar ás rúas a súa política de fomento do deporte e a súa filosofía de ensinar xogando cunha nova serie de ruadas.

O obxectivo desta iniciativa é que os alumnos da escola de futbol sala club Río do Pozo e os seus adestradores organicen unha serie de actividades lúdicas e deportivas en diferentes prazas do concello de Narón abrindo a participación en cada unha delas a calquera neno ou nena que desexe unirse ao adestramento.

Todos os adestramentos estarán supervisados por adestradores e outros membros do club para que todos os participantes estean debidamente atendidos e instruídos de maneira que poidan divertirse ademais de aprender.

Os adestramentos celebraranse nos seguintes lugares e datas:

MARTES 17 DE SETEMBRO: Paseo de Freixeiro, de 18.30h a fin.
XOVES 19 DE SETEMBRO: Paseo de Xuvia, de 18.30h a fin.

Vémonos nas prazas poceros!


Foto vencellada

O Club Deportivo Río do Pozo dentro da súa política de fomento do deporte e de achegar a súa filosofía de ensinar xogando vai celebrar ao longo do mes de xuño unha serie de adestramentos libres ao aire libre.

O obxectivo desta iniciativa é que os alumnos da escola de futbol sala club Río do Pozo e os seus adestradores organicen unha serie de actividades lúdicas e deportivas en diferentes prazas do concello de Narón abrindo a participación en cada unha delas a calquera neno ou nena que desexe unirse ao adestramento.

Todos os adestramentos estarán supervisados por adestradores e outros membros do club para que todos os participantes estean debidamente atendidos e instruídos de maneira que poidan divertirse ademais de aprender.

Os adestramentos celebraranse nos seguintes lugares e datas:


  • MARTES 4 DE XUÑO: Paseo de Xuvia, de 18h a fin.
  • XOVES 6 DE XUÑO: Paseo de Freixeiro, de 18h a fin.
  • MARTES 11 DE XUÑO: Praza de Galicia, de 18h a fin.
  • XOVES 13 DE XUÑO: Plazoleta da Gándara (por detrás do Colexio Santiago Apóstolo), de 18h a fin.

Vémonos nas prazas poceros!


Foto vencellada

Por motivos alleos á vontade do club aprazouse o partido que os nosos veteranos poceiros ian disputar esta xornada.

Informarase cumpridamente da nova data en canto se faga pública.