Novas

Segue o Día del Clube RDP en directo nofacebook: "esta pasando, estalo a ver" e faite fan de ela para estar permanente informado das nosas novedades.
http://www.facebook.com/cdriodopozo

No día de hoxe, Clube Deportivo Río do Pozo, celebra a Asemblea Xeral Ordinaria do clube.
Durante a mesma presentaranse os alumnos das dúas Escolas Deportivas que, desde este ano, conforman Clube Deportivo Río do Pozo: a Escola de Fútbol sala e a nova Escola Predeporte.
Os actos comezarán ás 12 da mañá coa Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará na sede do club e trasladaranse ás 14 horas ao Hotel Narón situado no Polígono Río do Pozo onde todos os socios e socias de Clube Deportivo Río do Pozo gozarán dunha comida.
Horas máis tarde, ás 17 horas, os actos trasladaranse ao Pavillón de Castro onde os alumnos das dúas Escolas tomarán o protagonismo e levarán a cabo unha serie de actividades deportivas como: voleibol, kin-ball, fútbol sala, baloncesto, xogos populares e até un circuíto de mini-kart
Clube Deportivo Río do Pozo celebra así unha xornada social que, cos seus socios, alumnos e familias, achegará así o club aos membros da súa comunidade e á súa contorna

O Presidente do Club convoca a Asemblea Xeral Ordinaria de Soci@s no seguinte lugar, data e hora:
Lugar:
Sede do club
Local Social de Nelle, Estrada de Cedeira, s/n 15578, Narón
Data:
SÁBADO, 11 DE DECEMBRO DE 2010
Hora:
12:00 horas en primeira convocatoria
12:30 en segunda convocatoria
A Orde do día será o seguinte:
1 - Informe da tempada 2009/2010.
2 - Presentación e aprobación, se procede, do balance económico da tempada 2009/2010.
3 ? Presentación e aprobación, se procede, da memoria de actividades e orzamento de ingresos e gastos correspondente á tempada 2010/2011.
4 ? Rogos e Preguntas.

O Club Deportivo Río do Pozo comunica que o domingo día 31 de Outubro, en Asemblea Xeral extraordinaria, celebráronse as eleccións á presidencia da entidade.
Ao ser a única candidatura presentada a do actual presidente, Don Carlos Ibán Díaz Doce, este proclámase, tal como indican as bases da convocatoria, vencedor en devandito proceso electoral.
A Xunta Directiva queda formada polos seguintes membros:
Presidente: Carlos Ibán Díaz Doce
Secretario: Roberto Calvo Luaces
Tesoureiro: Bruno Díaz Doce
Vogal: Jaime Darío Domínguez Paz
Vocal: Marcelino Amado Díaz
Vocal: Víctor Manuel Garrote Filgueira
Vocal: Manuel Carlos Martínez Freijomil
Seguimos traballando.

Ao amparo do disposto no Artigo 10 dos Estatutos do club, a Xunta Directiva do C.D. RÍO DO POZO acorda convocar eleccións á presidencia do club en Asemblea Xeral Extraordinaria que terá lugar na sede o 31 Outubro de 2010, ás 11:30 en primeira convocatoria e ás 12:00 en segunda.
Regulación do procedemento electoral: (*)
1 – Serán condicións para ser candidato:
Ser maior de idade.
Ser socio de número do Clube Deportivo Río do Pozo.
Presentar unha Xunta Directiva formada por un número de socios de número maiores de idade non inferior a 5 nin superior a 15 da que tomarán parte un Tesoureiro e un Secretario.
2 – Presentación de Candidaturas:
Os candidatos notificarán ao Club Deportivo Río do Pozo a súa intención de presentarse ás eleccións achegando unha relación dos socios que conformarán a súa Xunta Directiva asinada por todos eles.
As distintas candidaturas disporán dun tempo de 30 minutos na Asemblea Xeral Extraordinaria, para a presentación do seu proxecto aos socios antes de proceder á votación.
3 – Votación:
A elección será por sufraxio libre, directo, igual e segredo entre os membros da Asemblea Xeral do Clube Deportivo Río do Pozo.
Os electores han de vir debidamente documentados co seu DNI e estar ao corrente de pago da súa cota de socio na data de celebración da Asemblea Xeral Extraordinaria.
4 – Proclamación de vencedores:
En caso de presentación dunha única candidatura, esta será elixida sen necesidade de votación.
No caso de que se presenten 2 candidaturas, gañará a aquela candidatura que obteña a maioría simple dos votos. En caso de empate proclamarase vencedora a candidatura cuxo candidato a presidente teña maior antigüidade como socio do Clube Deportivo Río do Pozo.
En caso de presentación dun número maior de candidaturas procederase a realizar unha segunda volta coas dúas candidaturas máis votadas na que se decidirá da mesma forma que no apartado anterior. No caso de que na primeira volta unha das candidaturas contase coa maioría absoluta (metade 1) dos electores, esta proclamarase vencedora sen necesidade de realizar a segunda volta.
















