Novas

Foto vencellada

Saúdos a todos os RDPeros:

Estamos a xoves, o que quere dicir que é día da previa. Este domingo teremos a segunda xornada de Copa nas categorías prebenxamín, benxamín e infantil e a última xornada de Liga na categoría alevín. Imos ver que temos por diante este domingo:

Antes de nada, temos que dicir que os alumnos da categoría infantil non disputarán partido este fin de semana, xa que lles toca por calendario a xornada de descanso.

Os prebenxamíns xogarán co Materiales del Atlántico - O Parrulo "A", ás 17:00, no Pavillón de A Malata. Partido complicado para os nosos alumnos, xa que se enfrontan cun dos equipos máis fortes da competición. A pesar disto, intentarán mostrar todos os seus progresos nas últimas semanas para así realizar un bo partido.

Os benxamíns xogarán co Materiales del Atlántico - O Parrulo "B", ás 16:15, no Pavillón de A Malata. Enfróntanse, sobre o papel, neste partido o 1º e 2º de grupo, pero coas estadisticas da tempada na man, a EFS Río do Pozo parte como favorita, xa que lograse impoñerse no partido de Liga e en principio, non tería que ter problemas para levarse o encontro. Iso si, como digo sempre, os partidos hai que xogalos.

Os alevíns xogarán co Pazos Vialca, ás 17:45, no Pavillón de A Gándara (Narón). Xornada de clausura da Liga, ante un Pazos Vialca que parte como favorito, xa que o partido da primeira volta gañase por 0-12. A pesar disto, os nosos alumnos intentarán dar a boa imaxe das últimas xornadas e con iso realizar unha boa actuación.

Dende esta web animámosvos a todos os que poidades que visitedes os pavillóns para ver os partidos!!!

Moita sorte a todos os equipos!!! Vémonos na pista!!


Foto vencellada

Saúdos a todos os RDPeros:

Tras o parón polas vacacións de Semana Santa, o pásado domingo, os alumnos da EFS Río do Pozo volveron á competición. Neste caso os alumnos das categorías prebenxamín, benxamín e infantil empezaban coa Copa, mentres que os alevíns disputaron a penúltima xornada de Liga. Imos ver como lles foi:

Os prebenxamíns xogaron co Aluminios Iglesias/Freixo. O resultado do encontro foi de 2-0 favorable ao Aluminios Iglesias/Freixo.

Neste encontro, aos nosos alumnos víronselles moi metidos no partido e xogaron a un gran nivel, ben colocados no campo e opoñendo unha gran resistencia ao contrario. Todo este esforzo non valeu para evitar que nos marcasen 2 goles no primeiro tempo, pero os nosos nenos gozaron moito xogando.

Os benxamíns xogaron co A Solaina "B". O resultado do encontro foi de 5-3 favorable á EFS Río do Pozo.

Os nosos alumnos tardaron catro minutos en abrir o marcador e aos dez xa ían gañando 2-0, pero volveron ter problemas, xa que A Solaina "B" conseguiu empatar o encontro. Na segunda parte a EFS Río do Pozo conseguiu poñerse por diante, pero rapidamente volvéronnos empatar. Nos últimos minutos nosos alumnos conseguiron impoñerse e deixar o partido co resultado de 5-3. Os nosos alumnos xogaron ben por refachos nun partido con moitas faltas e moi disputado. Por parte da EFS Rio do Pozo marcaron Marcos (2 goles), Mati (2 goles) e Migui.

Os alevíns xogaron co Pizza Tutto/Freixo. O resultado do encontro foi de 10-1 favorable ao Pizza Tutto/Freixo.

Orgullo. A única palabra que define o estado do club cos nosos rapaces. Orgullo de plantarlle cara a un rival, o Pizza Tutto/Freixo, que se encontra clasificado en cuarta posicion a pesar de contar o noso equipo con só 5 xogadores. Orgullo de non baixar nunca os brazos e non dar nin un só balon por perdido. O partido estivo marcado dende un principio pola ausencia de xogadores no banco para substituír os xogadores de pista. Os nosos 5 valentes xogadores, Abel, Alex Fernandez, Alex Calvo, David e Adrian "suaron" mais que nunca a camiseta laranxa, coberturas, presion e saíndo con balón controlado e cunhas ganas imposibles de superar fan que nos teñamos que sentir orgullosos deles.

Os infantís xogaron co Roiba SB26. O resultado do encontro foi de 9-0 favorable ao Roiba SB26. Sentimos non ter mais datos deste encontro.

O próximo domingo gozaremos dunha nova xornada de liga. Esperámosvos!!!!


Foto vencellada

Saúdos a todos os RDPeros:

Xa estamos aquí de novo tras as vacacións de Semana Santa. Tras o parón, chega o sprint final da tempada, a cal se vai afrontar con moitas ganas. Este domingo empezan a Copa para os alumnos das categorías prebenxamín, benxamín e infantil. Mentres, os alumnos da categoría alevín disputarán a penúltima xornada de liga.

Os prebenxamíns inician a Copa co Aluminios Iglesias/Freixo, ás 18:30, no Pavillón Campo da Serra (Santa Cecilia). Os nosos alumnos empezarán a competición con moita ambición e intentando lograr un bo resultado que lles permita ter opcións de coarse nos postos de cabeza do seu grupo.

Os benxamíns inician a Copa co A Solaina "B", ás 17:45, no Pavillón Campo da Serra (Santa Cecilia). Sobre o papel, e tras o visto na Liga, os nosos alumnos parten como favoritos para gañar non só este partido, senon tamén o seu grupo. Pero hai que ser conscientes de que hai que ir partido a partido e calquera che pode dar a sorpresa.

Os alevíns xogan a penúltima xornada de Liga co Pizza Tutto/Freixo, ás 17:45, no Pavillón do Ensanche. Clasificación en man, o Pizza Tutto/Freixo é o favorito para gañar o partido, pero iso non ten que influír nos nosos alumnos, xa que teñen que dar o mellor de se e con iso, facer unha boa actuación neste encontro e así seguir mellorando.

Os infantís inician a Copa co Roiba SB26, ás 18:30, no Pavillón do Ensanche. Os nosos alumnos empezan forte a Copa, xa que se enfrontan co Campión de Liga. Tócanos empezar co equipo máis dificil. Os nosos alumnos intentarán mostrar neste partido todas as súas mellorías nestas últimas semanas e así prantar cara neste partido facendóo o mellor posible.

Dende esta web animámosvos a todos os que poidades que visitedes os pavillóns para ver os partidos!!!

Moita sorte a todos os equipos!!! Vémonos na pista!!


Foto vencellada

Saúdos a todos os RDPeros:

Este último domingo foi moi light en canto a partidos, xa que coa Semana Santa preto, só houbo un partido, o dos nosos alumnos alevíns, que aínda non finalizaron a liga e lles quedan unhas poucas xornadas.

Os nosos alevíns xogaron no Pavillón da Malata co Amistade Meirás. O resultado do encontro foi de 11-0 favorable ao Amistade Meirás.

Malia o que o luminoso marcaba ao final do encontro, nosos alumnos avanzaron un pouquiño máis, ordenados en defensa malia algun despiste, saíndo co balon controlado, cubrindo as posicións dos compañeiros que subian ao ataque, ordenando a defensa e premendo nalgunhas fases do partido o equipo contrario no seu campo.

Hai que destacar o inmellorable comportamento do equipo do Amistade Meiras tanto na pista como ao finalizar o encontro.

Xogaron polo cadro laranxa Abel, Alex Fernandez, David, Adrian, Miguel Piñeiro e os benxamíns Miguel, Marcos e Alex Mejuto. Pola contra, sufrimos as baixas de Alex Calvo, Alexandre e Jose Angel.

Á volta de Semana Santa, aquí estaremos de novo a contar o que pase nos partidos dos nosos alumnos na recta final da tempada!!!


Foto vencellada

Saúdos a todos os RDPeros:

Este fin de semana é un pouco atípico, xa que tras a conclusión das ligas prebenxamin, benxamín e infantil, estas se tomaron unhas vacacións ata a volta da Semana Santa, e con el empezar a disputa da Copa.

Polo tanto, este domingo, só teremos partido dos alumnos da categoría alevín da EFS Rio do Pozo.

Xogarán co Amistade Meirás, ás 16:15, no Pavillón de A Malata. Os nosos alumnos enfróntanse ao 7º clasificado, e en resultado no partido da primeira volta foi de 6-0 favorable ao Amistade Meirás.

Dende aquel partido, cambiaron moitas cousas e os nosos alumnos están a progresar a pasos axigantados e seguro que realizarán un bo partido este domingo.

Disfrutade destas vacacións de Semana Santa, e esperemos que vos sirva para cargar as pilas e con iso, afrontar con moitas ganas a recta final da tempada!!

Dende esta web animámosvos a todos os que poidades que visitedes os pavillóns para ver os partidos!!!

Moita sorte a todos os equipos!!! Vémonos na pista!!