Novas

Foto vencellada

Estimados poceros e poceros prebenjamines en especial,

por certos problemas técnicos (relacionados cos dedos da xente que introducimos os datos na web)>/i> durante toda esta semana as horas de celebración dos partidos do campionato prebenjamín eran erróneas.

A hora correcta do os nosos prebenjamines é 17:15 no pavillón de Caranza.

Devandito erro foi emendado e os responsables fixemos a debida penitencia.

Mil perdóns a todos
Equipo Web RDP


Como todos os poceros xa sabeis o día 17 de decembro RDP celebra a súa asemblea xeral ordinaria.

Pasamos a explicarvos o programa da xornada con máis detalle.

10:00 Fotografía oficial Xunta Directiva e Corpo Técnico.
Deberán asistir todos os membros da Xunta Directiva e o Corpo Técnico uniformados co chándal oficial do club.

10:15 Fotografía oficial Equipo Veteranos.
Deberán asistir co equipamento oficial de xogo laranxa.

10:30 Fotografía oficial equipo Infantil E.F.S.
Deberán asistir co chándal oficial do club así como co equipamento oficial de xogo laranxa.

10:45 Fotografía oficial equipo benjamín E.F.S.
Deberán asistir co chándal oficial do club así como co equipamento oficial de xogo laranxa.

11:15 Fotografía oficial equipo prebenjamín E.F.S
Deberán asistir co chándal oficial do club así como co equipamento oficial de xogo laranxa.

11:45 Fotografía oficial equipo biberón E.IDE.
Deberán asistir coa camiseta de adestramento xunto con pantalón e medias.

12:00 - 13:30 Asemblea Xeral Ordinaria de socios en Centro Deportivo Castro.

14:00 Comida de Nadal
Celebrarase no Restaurante Río do Pozo con todas as familias de alumnos, Corpo Técnico e Xunta Directiva. O menú e o prezo por persoa será o seguinte:

- Adultos (10 €): Sopa e carne asada.
- Nenos (9 €) : Macarrones á carbonara e Lombo con patacas.

Por favor, recordade confirmar a asistencia antes do día 10 de decembro a través dos seguintes medios.
- Tlfno: 639 946 888 (Carlos Díaz)
- presidencia@cdriodopozo.com

¡Vémonos na asemblea poceros!


O Presidente do Club Deportivo Río do Pozo convoca a ASAMBLEA XERAL ORDINARIA DE SOCI@S a cal terá lugar o próximo SÁBADO 17 DE DICEMBRO DE 2011 ás 12:00 horas en primeira convocatoria e ás 12:30 HORAS en segunda convocatoria no CENTRO DEPORTIVO DE CASTRO co siguinte ORDEN DO DÍA:


  • 1- Informe da tempada 2010/2011.

  • 2- Presentación e aprobación, se procede, do balance económico da tempada 2010/2011.

  • 3- Presentación e aprobación, se procede, da memoria de actividades e presuposto de ingresos e gastos correspondente á tempada 2011/2012.

  • 4- Rogos e Preguntas.

Esperamos vero a todolos poceiros alí.


O club O'Parrulo Ferrol Fútbol sala tivo o detalle de proporcionar entradas gratis para os integrantes das escolas RDP que as soliciten para asistir ao seu próximo partido correspondete á 3ª eliminatoria da Copa do Rey de fútbol sala.

O partido, que promete ser emocionatisimo, enfrontarao en derby rexional ao Azkar Lugo F.S.


O'PARRULO FERROL F.S. - AZKAR LUGO F.S.
Lugar: Pavillón da Malata
Data: Martes, 6 de Decembro de 2011
Hora: 19 horas

As entradas poden ser solicitadas ata o dia 2 de decembro a través de Víctor Garrote:
Teléfono: 663 323 350 - E-mail: vgarrote@cdriodopozo.com


Foto vencellada

Como parte do noso labor social desde o Club Deportivo Río do Pozo apoiamos a iniciativa do Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol de organizar un concurso de debuxo para todos os nenos entre 1º e 6º de educación primaria,


O tema do concurso é Q¿QUE É A XUSTIZA PARA TI?


Desde RDP animamos a todos os nosos artistas do balón a converterse por un día en artistas do lapis e as cores e demostren que sabemos que o que hai máis aló do laranxa pocero.


+info no correo icaferrol@avogacia.org ou no teléfono 981 354 705