10.07.2014 Víctor Garrote novo xerente do Cidade de Narón

Foto vencellada

No día de hoxe fíxose oficial unha noticia de especial relevancia para un membro da familia Rdpera. Víctor Garrote farase cargo a partir de agora da xerencia do club Cidade de Narón.

Este é un paso importantisimo na carreira de Víctor e a demostración tamén de que tanto a capacidade técnica e de xestión de Víctor e as metodoloxías e enfoques que desenvolveu no club son merecedoras de recoñecemento por toda a comunidade deportiva tanto local como tamén agora a nivel nacional.

É un gran éxito para toda a comunidade do club deportivo Rio do Pozo que, como se pode ler na noticia do nomeamento na web do Cidade de Narón, a nosa filosofía pase os límites do noso club e contaxie aos da nosa contorna.

Por suposto, como fundador do noso club que é, Víctor non está abandonando RDP. Víctor seguirá ao pé do canón connosco ao mesmo tempo que desenvolve as súas novas tarefas de xerente no Cidade de Narón. Como todos os que o coñecemos sabemos o entusiamo de Víctor polo deporte non coñece límites e por iso que isto non é para el un cambio de horizontes senón que é engadir un novo.

Desde o club queremos felicitar a Víctor polo recoñecemento que isto lle supón ao mesmo tempo que prometemos animarlle no seu día a día que seguirá compartindo con todos nós e, como sempre, SEGUIRÉMONOS VENDO NOS PAVILLÓNS.

o comenta en el foro

Comenta aquí con tu cuenta de facebook