Resumo da fin de semana

09/03/2010

Foto vencellada

Saúdos a todos os RDPeros:

Tras a semana pasada de "descanso forzoso" por culpa do temporal, o pasado domingo, os alumnos da EFS Río do Pozo disputaron unha nova xornada de liga, integramente no Pavillón de San Valentín. Imos ver como lles foi:

Os prebenxamíns xogaron co Roiba Stockers. O resultado do partido foi de 4-0 favorable ao Roiba Stockers.

Esta foi outra preciosa xornada para os nosos prebenxamíns, que continúan avanzando de xeito progresivo no seu coñecemento, e na cal se lles viu mellor colocados no campo que outras veces. Tivemos un par de oportunidades de marcar algún gol, pero a boa fortuna non estivo do noso lado, outra vez será. Animo campións e parabéns a todo o equipo polo gran traballo que están a realizar.

Para este encontro a EFS Rio do Pozo ten contado coas baixas de Antón Carballido por lesión nun dedo e de Joao Marcal, novo xogador da Escola, o cúal non puido ser inscrito ao faltar só tres xornadas de liga.

Os benxamíns xogaron co Materiales del Atlántico - O Parrulo "B". O resultado do partido foi de 1-9 favorable á EFS Río do Pozo.

Os nosos benxamíns sacaron adiante un partido de forma relativamente folgada con bo xogo nalgúns momentos e con ganas noutros, coa novidade do debút de Sergio Leiras como porteiro.

Por parte do noso equipo marcaron: Migui (2 goles), Javi (2 goles), Marcos (2 goles), Luis, Diego e Mati.

Os alevíns xogaron co Cidade de Narón. O resultado do partido foi de 16-0 favorable ao Cidade de Narón.

O partido marco dende o principio a diferenza entre os dous equipos disputandose a maior parte do xogo no noso campo grazas á presión do equipo do Cidade de Narón. Se chegou ao descanso cun resultado de 11-0. Na segunda parte o equipo puxo mais gañas na cancha e gozando dalgunha oportunidade para conseguir algun tanto, pero unhas contras do equipo do Cidade de Narón deixou o resultado final de 16-0.

Para este partido o noso equipo contou coas baixas de Alexandre e Jose Ángel, e coa axuda dos benxamíns Luis e Alex Mejuto.

Os infantís xogaron co CMI Unidade de Fene. O resultado do encontro foi de 5-3 para o CMI Unidade de Fene. Sentimos non poder ofrecer máis datos deste partido.

O próximo domingo gozaremos dunha nova xornada de liga. Esperámosvos!!!!