11.03.2010 Previa desta fin de semana

Foto vencellada

Saúdos a todos os RDPeros:

Pouquichiño a pouco nos imos achegando ao final de liga nas categorías prebenjamin, benjamin e infantil. A estas ligas só quédanlles 2 xornadas para rematar a liga. A os alevíns, aínda lles quedan 5 xornadas. Pero non vos preocupedes, porque remata a Liga e empeza a Copa, así que teremos competición para anaco.

Os primeiros en xogar este domingo serán os benxamíns, que xogarán co Esteiro, ás 16:15, no Pavillón de A Gándara (Narón). Os nosos alumnos buscarán a vitoria para seguir na loita polo subcampionato. Téñeno ao alcance da man, aínda que probablemente se decida na última xornada.

A continuación, ás 17:00 xogarán, tamén no Pavillón de A Gándara (Narón), os prebenxamíns. Xogarán co Amistade Meirás "A". Sobre o papel, Amistade de Meiras "A" é o favorito, xa que é o 7º na clasificación, mentres que os nosos alumnos son 13º. Pero ben, os partidos hai que xogalos, e non é a primeira vez que se dan as sorpresas.

Os alevíns xogarán co Cultural Maniños, ás 18:00 no Pavillón de A Malata. No partido da primeira volta, o resultado fose de 2-0 favorable ao Cultural Maniños. Dende aquela, os progresos dos nosos alumnos foron en aumento e poden arreporlle a este conxunto.

E por último, xogarán os infantís. Farano co Roiba SB26, ás 18:45 no Pavillón de A Malata. O Roiba SB26 é claro favorito a levarse o partido, xa que é lider invicto. Os nosos alumnos intentarán facer unha boa actuación e con iso, seguir mostrando o seu mejoria partido a partido.

Dende esta web animámosvos a todos os que poidades que visitedes os pavillóns para ver os partidos!!!

Moita sorte a todos os equipos!!! Vémonos na pista!!

o comenta en el foro

Comenta aquí con tu cuenta de facebook