16.03.2010 Resumo da fin de semana

Saúdos a todos os RDPeros:
Penúltima xornada de liga para os alumnos das categorías prebenxamín, benxamín e infantil. A os alevíns aínda quédanlles unhas cantas xornadas. Así que imos facer un repaso do que pasou este domingo:
Os prebenxamíns xogaron co Amistade Meirás. O resultado do encontro foi de 4-0 favorable ao Amistade Meirás.
Esta foi unha mala xornada para os nosos Prebenxamíns, na que se viu un retroceso no aprendido, e un partido no cal non estiveron metidos nin ben colocados no campo. Non tivemos nin unha soa oportunidade de marcar, e o outro equipo tampouco fixo méritos para conseguir o 4-0, que puido ser moito máis avultado de non ser polas grandes intervencións dun Andrei sempre moi atento e que sobresaíu por enriba de todos os demais. Esperemos que os nosos pequenos recuperen o antes posible as ganas de seguir avanzando para poder sacar adiante o último partido da competición.
Os benxamíns xogaron co Esteiro. O resultado do encontro foi de 7-1 favorable á EFS Río do Pozo.
Partido un pouco desordenado ao principio, con algunhas faltas por ambas as dúas partes, pero pouco a pouco os nosos alumnos fóronse facendo co partido empazando a marcar e poñendo o marcador do noso lado. O Esteiro tivo unha aptitude moi boa pero sen acerto de cara ao gol.
Por parte da EFS Rio do Pozo marcaron Marcos (3 goles), Miguel, Diego, Sergio V e Mati.
Os alevíns xogaron co Cultural Maniños. O resultado do encontro foi de 4-4.
Primeiro punto para os nosos alumnos na competición, nun bo partido ante o Cultural Maniños. A pesar de que o Cultural Maniños se adiantou no resultado, os nosos alumnos foron capaces de darlle a volta ao partido con dous goles de Diego. O dominio do encontro tíñao a EFS Rio do Pozo, pero nunha xogada illada, o Cultrual Maniños conseguiu o empate antes do descanso. Tras a reanudación, os primeiros minutos do segundo tempo foron dominados polos nosos alumnos e lograron poñerse 4-2 no marcador. A última fase do encontro foi dominada polo Cultural Maniños, xa que os nervios xogaron unha mala pasada aos nosos alumnos e remataron por empatar o partido.
Os goles deste partido foron marcados por Diego (3 goles) e David.
Os infantís xogaron co Roiba SB26. O resultado do encontro foi de 0-7 favorable ao Roiba SB26. Sentimos non ter mais datos deste partido.
O próximo domingo gozaremos dunha nova xornada de liga. Esperámosvos!!!!
















