18.03.2010 Previa desta fin de semana

Foto vencellada

Saúdos a todos os RDPeros:

Estamos nun fin de semana moi importante, xa que é a última xornada de liga para os alumnos das categorías prebenxamín, benxamín e infantil. Os alevíns aínda quédanlles catro xornadas. Pero non vos preocupeis, porque isto non se remata, xa que despois da liga, teremos a Copa. Imos ver que nos espera este domingo:

Os prebenxamíns xogarán no Pavillón de A Gándara, ás 16:15, co Amistade Meirás "B". Promete ser un partido igualado, xa que se enfrontan o 13º co 14º. Esperemos que os nosos alumnos poidan conseguir a vitoria e así rematar a liga sumando tres puntos máis.

Os benxamíns xogarán no Pavillón Campo da Serra (Santa Cecilia) coa Compañia de María, ás 17:15. Os nosos alumnos necesitan a vitoria e tamén que o Roiba Ferca faga o mesmo, ou empate, co Materiales do Atlántico - O Parrulo "A" para que así a EFS Río do Pozo logre o subcampionato de liga.

Os alevíns xogarán no Pavillón Campo da Serra (Santa Cecilia) co Materiales do Atlántico - O Parrulo "B" ás 18:00. Partido dificil para os nosos alumnos, xa que se enfrontan ao 2º clasificado. Intentarán mostrar o bo xogo que lles permitiu lograr o empate a semana pasada ante o Cultural Maniños.

Os infantís xogarán no Pavillón Campo da Serra (Santa Cecilia) co Materiales do Atlántico - O Parrulo "B" ás 18:45. Sobre o papel, esta xornada é totalmente intranscendente, xa que as distancias entre todos os conxuntos son tan amplas, que a clasificación non vai alterarse neste xornada final. O conxunto do O Parrulo "B" é o favorito para levarse o partido e os nosos alumnos intetarán dar o mellor de se mesmos e así poder realizar un bo partido.

Dende esta web animámosvos a todos os que poidades que visitedes os pavillóns para ver os partidos!!!

Moita sorte a todos os equipos!!! Vémonos na pista!!

o comenta en el foro

Comenta aquí con tu cuenta de facebook