08.04.2010 Previa deste fin de semana

Foto vencellada

Saúdos a todos os RDPeros:

Xa estamos aquí de novo tras as vacacións de Semana Santa. Tras o parón, chega o sprint final da tempada, a cal se vai afrontar con moitas ganas. Este domingo empezan a Copa para os alumnos das categorías prebenxamín, benxamín e infantil. Mentres, os alumnos da categoría alevín disputarán a penúltima xornada de liga.

Os prebenxamíns inician a Copa co Aluminios Iglesias/Freixo, ás 18:30, no Pavillón Campo da Serra (Santa Cecilia). Os nosos alumnos empezarán a competición con moita ambición e intentando lograr un bo resultado que lles permita ter opcións de coarse nos postos de cabeza do seu grupo.

Os benxamíns inician a Copa co A Solaina "B", ás 17:45, no Pavillón Campo da Serra (Santa Cecilia). Sobre o papel, e tras o visto na Liga, os nosos alumnos parten como favoritos para gañar non só este partido, senon tamén o seu grupo. Pero hai que ser conscientes de que hai que ir partido a partido e calquera che pode dar a sorpresa.

Os alevíns xogan a penúltima xornada de Liga co Pizza Tutto/Freixo, ás 17:45, no Pavillón do Ensanche. Clasificación en man, o Pizza Tutto/Freixo é o favorito para gañar o partido, pero iso non ten que influír nos nosos alumnos, xa que teñen que dar o mellor de se e con iso, facer unha boa actuación neste encontro e así seguir mellorando.

Os infantís inician a Copa co Roiba SB26, ás 18:30, no Pavillón do Ensanche. Os nosos alumnos empezan forte a Copa, xa que se enfrontan co Campión de Liga. Tócanos empezar co equipo máis dificil. Os nosos alumnos intentarán mostrar neste partido todas as súas mellorías nestas últimas semanas e así prantar cara neste partido facendóo o mellor posible.

Dende esta web animámosvos a todos os que poidades que visitedes os pavillóns para ver os partidos!!!

Moita sorte a todos os equipos!!! Vémonos na pista!!

o comenta en el foro

Comenta aquí con tu cuenta de facebook