13.04.2010 Resumo da xornada

Saúdos a todos os RDPeros:
Tras o parón polas vacacións de Semana Santa, o pásado domingo, os alumnos da EFS Río do Pozo volveron á competición. Neste caso os alumnos das categorías prebenxamín, benxamín e infantil empezaban coa Copa, mentres que os alevíns disputaron a penúltima xornada de Liga. Imos ver como lles foi:
Os prebenxamíns xogaron co Aluminios Iglesias/Freixo. O resultado do encontro foi de 2-0 favorable ao Aluminios Iglesias/Freixo.
Neste encontro, aos nosos alumnos víronselles moi metidos no partido e xogaron a un gran nivel, ben colocados no campo e opoñendo unha gran resistencia ao contrario. Todo este esforzo non valeu para evitar que nos marcasen 2 goles no primeiro tempo, pero os nosos nenos gozaron moito xogando.
Os benxamíns xogaron co A Solaina "B". O resultado do encontro foi de 5-3 favorable á EFS Río do Pozo.
Os nosos alumnos tardaron catro minutos en abrir o marcador e aos dez xa ían gañando 2-0, pero volveron ter problemas, xa que A Solaina "B" conseguiu empatar o encontro. Na segunda parte a EFS Río do Pozo conseguiu poñerse por diante, pero rapidamente volvéronnos empatar. Nos últimos minutos nosos alumnos conseguiron impoñerse e deixar o partido co resultado de 5-3. Os nosos alumnos xogaron ben por refachos nun partido con moitas faltas e moi disputado. Por parte da EFS Rio do Pozo marcaron Marcos (2 goles), Mati (2 goles) e Migui.
Os alevíns xogaron co Pizza Tutto/Freixo. O resultado do encontro foi de 10-1 favorable ao Pizza Tutto/Freixo.
Orgullo. A única palabra que define o estado do club cos nosos rapaces. Orgullo de plantarlle cara a un rival, o Pizza Tutto/Freixo, que se encontra clasificado en cuarta posicion a pesar de contar o noso equipo con só 5 xogadores. Orgullo de non baixar nunca os brazos e non dar nin un só balon por perdido. O partido estivo marcado dende un principio pola ausencia de xogadores no banco para substituír os xogadores de pista. Os nosos 5 valentes xogadores, Abel, Alex Fernandez, Alex Calvo, David e Adrian "suaron" mais que nunca a camiseta laranxa, coberturas, presion e saíndo con balón controlado e cunhas ganas imposibles de superar fan que nos teñamos que sentir orgullosos deles.
Os infantís xogaron co Roiba SB26. O resultado do encontro foi de 9-0 favorable ao Roiba SB26. Sentimos non ter mais datos deste encontro.
O próximo domingo gozaremos dunha nova xornada de liga. Esperámosvos!!!!
















