15.04.2010 Previa deste fin de semana

Saúdos a todos os RDPeros:
Estamos a xoves, o que quere dicir que é día da previa. Este domingo teremos a segunda xornada de Copa nas categorías prebenxamín, benxamín e infantil e a última xornada de Liga na categoría alevín. Imos ver que temos por diante este domingo:
Antes de nada, temos que dicir que os alumnos da categoría infantil non disputarán partido este fin de semana, xa que lles toca por calendario a xornada de descanso.
Os prebenxamíns xogarán co Materiales del Atlántico - O Parrulo "A", ás 17:00, no Pavillón de A Malata. Partido complicado para os nosos alumnos, xa que se enfrontan cun dos equipos máis fortes da competición. A pesar disto, intentarán mostrar todos os seus progresos nas últimas semanas para así realizar un bo partido.
Os benxamíns xogarán co Materiales del Atlántico - O Parrulo "B", ás 16:15, no Pavillón de A Malata. Enfróntanse, sobre o papel, neste partido o 1º e 2º de grupo, pero coas estadisticas da tempada na man, a EFS Río do Pozo parte como favorita, xa que lograse impoñerse no partido de Liga e en principio, non tería que ter problemas para levarse o encontro. Iso si, como digo sempre, os partidos hai que xogalos.
Os alevíns xogarán co Pazos Vialca, ás 17:45, no Pavillón de A Gándara (Narón). Xornada de clausura da Liga, ante un Pazos Vialca que parte como favorito, xa que o partido da primeira volta gañase por 0-12. A pesar disto, os nosos alumnos intentarán dar a boa imaxe das últimas xornadas e con iso realizar unha boa actuación.
Dende esta web animámosvos a todos os que poidades que visitedes os pavillóns para ver os partidos!!!
Moita sorte a todos os equipos!!! Vémonos na pista!!
















