27.04.2010 Resumo da xornada

Foto vencellada

Saúdos a todos os RDPeros:

Terceira semana de Copa para os alumnos das categorías prebenxamín, benjamin e infantil e primeira semana para os alevíns. O final da tempada achégase e o domingo tivemos unha nova xornada. Imos ver como foi a cousa:

Os prebenxamíns xogaron co Amistade Meiras "A", no Pavillón Campo da Serra (Santa Icia). O resultado do encontro foi de 5-1 favorable ao Amistade Meirás "A".

Foi un partido moi intenso no que os nosos alumnos xogaron moi ben e con moitas ganas, o cal non foi suficiente para sacar un resultado positivo. O Amistade Meirás "A" xogou a un excelente nivel, e aínda que non dominou claramente o encontro, foi superior.

O noso gol marcouno Borja, transformando de forma impecable un claro penalti.

Unha vez máis vimos unhas incribles intervencións do noso porteiro Andrei, que como sempre, estivo moi atento, e mesmo nunha ocasión chegou co balón controlado ata a metade do campo.
Agradecer o grande apoio dunha aficción entregadísima, que non deixou de animar o equipo en todo momento.

Os benxamíns xogaron co Amistade Meirás, no Pavillón Campo da Serra (Santa Icia). O resultado do encontro foi de 3-5 favorable ao Amistade Meirás.

A pesar de que os nosos alumnos conseguiron adiantarse no marcador, e querían dominar no partido, o partido volveuse moi dificil debido á gran velocidade dalgúns xogadores do Amistade Meirás e a tremenda entrega defensiva que achegaban ao xogo.

Os nosos alumnos xogaron en vantaxe a maior parte do encontro ata que chegaron os minutos finais nos que non se soubo manter a mínima vantaxe e remataron cedendo tres puntos ante un bo equipo Amistade Meirás que se coloca, ao igual que os nosos, con seis puntos na táboa de clasificación e cun partido menos debido á súa xornada de descanso.

Resaltar por parte dos nosos, os continuos repregamentos que tiveron que padecer para evitar os rápidos ataques de Amistade Meirás e o bo traballo de Diego González, en particular, facendo innumerables coberturas aos seus compañeiros e saíndo airoso de multitude de escapadas por banda. Bo traballo, en xeral, de todo o grupo que se esforzou moito para levarse o partido pero que puntuais erros, habituais en alumnos destas etapas, non lles permitiron levarse a vitoria.

Os alevíns xogaron co Materiales del Atlántico - O Parrulo "A", no Pavillón de A Gándara. O resultado do encontro foi de 0-14 favorable ao O Parrulo "A".

Cando teñamos máis datos deste encontro proporcionarémosvolos.

Os infantís xogaron co Materiales del Atlántico - O Parrulo "B", no Pavillón de A Gándara. O resultado do encontro foi de 2-4 favorable ao O Parrulo "B".

Sentimos non ter máis datos deste encontro.

O próximo domingo gozaremos dunha nova xornada de liga. Esperámosvos!!!!

o comenta en el foro

Comenta aquí con tu cuenta de facebook