29.04.2010 Previa deste fin de semana

Foto vencellada

Saúdos a todos os RDPeros:

Pouco a pouco, a Copa vai adestrado nas súas xornadas decisivas. A clasificación ou quedar no camiño depende dun fío. Entramos nas semanas nas que todos os equipos se a xogan, xa non hai lugar para fallos se se quere continuar na competición. Así que este domingo se van empezar a xogar moitas cousas para os alumnos da EFS Río do Pozo.

Os prebenxamíns xogarán co Neda "A", ás 17:45, no Pavillón de A Gándara (Narón). Promete ser un encontro igualado, entre dous conxuntos que buscasen a vitoria para así levarse un bo recordo desta Copa. Os prebenxamíns intentarán facer un bo encontro e con iso, mostrando todos os seus progresos nestas últimas semanas.

Os benxamíns xogarán co Cidade de Narón, ás 18:30, no Pavillón de A Gándara (Narón). Sobre o papel, os nosos alumnos deberían levarse o partido, pero tras o tropezón da semana pasada, non se deben de confiar, xa que unha nova derrota pode complicarlles a súa clasificación para a fase final de Copa, mentres que unha vitoria case lla aseguraría.

Os alevíns xogarán co Pizza Tutto/Freixo, ás 18:00, no Pavillón de San Valentín (Fene). Os nosos alumnos, aínda que non partan como favoritos, intentarán realizar un bo encontro e plantalo cara a un dos equipos que conseguiu a vitoria na primeira xornada de Copa.

Os infantís xogarán co CMI Unidade de Fene, ás 18:45, no Pavillón de San Valentín (Fene). Os enfrontamentos entre ambos os dous equipos ao longo desta tempada foron igualados, e todo parece indicar que nesta ocasión tamén vai a selo. Esperemos que os nosos alumnos poidan realizar un bo encontro e consigan nesta Copa un xusto premio que recompense todo o esforzo realizado nesta tempada.

Dende esta web animámosvos a todos os que poidades que visitedes os pavillóns para ver os partidos!!!

Moita sorte a todos os equipos!!! Vémonos na pista!!

o comenta en el foro

Comenta aquí con tu cuenta de facebook