04.05.2010 Resumo da xornada

Foto vencellada

Saúdos a todos os RDPeros:

Penúltima xornada de Copa para os alumnos de prebenxamín, infantil; antepenultima para os alevíns e última da fase de grupos para os benxamíns. Isto empézase a decidir e é o momento da verdade. Todo se decide nestes partidos. Imos ver como lles foi aos nosos alumnos o pasado domingo.

Os prebenxamíns xogaron co Neda "A", no Pavillón de A Gándara (Narón). O resultado do encontro foi de 2-2.

Unha vez máis disputamos un partido moi intenso no que os nosos alumnos xogaron a un gran nivel e con moitas ganas durante todo o partido, o cal se reflectiu no marcador. O Neda "A" foi un gran rival e tivo ocasións de poñerse a máis distancia no marcador, pero unha vez máis un inmenso Andrei púxolles as cousas moi difíciles.

Os nosos goles marcounos Borja, un no primeiro tempo, e o outro no segundo.

Unha vez máis temos que agradecer o apoio da aficción que animaron en todo momento ao equipo.

Os benxamíns xogaron co Cidade de Narón, no Pavillón de A Gándara (Narón). O resultado do encontro foi de 3-7 faborable á EFS Rio do Pozo.

O partido dos nosos alumnos foi moi parecido aos anteriores. Cústanos moito empezar chegando moi xustos ao descanso, para despegar na segunda metade, obtendo un bo resultado no marcador.

O Cidade de Narón foi un rival moi duro de roer na primeira metade, na que estaban a xogar moi ben, chegando a estar por diante no marcador, para ir paulatinamente cedendo ante o xogo da EFS Río do Pozo durante o segundo tempo.

Con esta vitoria, a EFS Río do Pozo logra a clasificación para os Cuartos de Final da Copa. Queda saber en que posición de grupo quedará finalmente e o equipo co que xogará a eliminatoria.

E no Pavillón de San Valentín, os alevíns xogaron co Pizza Tutto/Freixo, con resultado de 6-1 para o Pizza Tutto/Freixo e os infantís xogaron co CMI Unidade de Fene, con resultado de 3-0 para o CMI Unidade de Fene. Sentimos non ter máis datos de ambos os dous encontros.

O próximo domingo gozaremos dunha nova xornada de liga. Esperámosvos!!!!

o comenta en el foro

Comenta aquí con tu cuenta de facebook