13.05.2010 Previa deste fin de semana

Saúdos do RDPeros:
Este fin de semana volve ser especial, xa que os alumnos da EFS Río do Pozo teñen por diante unha xornada moi importante de Copa. Os benxamíns disputan os Cuartos de Final de Copa e os alevíns disputan o último partido oficial da tempada. Imos ver o que temos por diante:
Os benxamíns xogarán co Roiba Ferca, ás 18:30, no Pavillón de A Gándara (Narón). Partido de Cuartos de Final da Copa, aínda que case parece unha Final anticipada, xa que se enfrontan o Campión de Liga, Roiba Ferca, co 3º clasificado, a EFS Rio do Pozo. O resultado do partido de Liga fóra 2-0 favorable ao Roiba Ferca, nun partido moi igualado. Polo tanto, pode pasar calquera cousa neste encontro. Esperemos que os alumnos da EFS Río do Pozo consigan a vitoria, e con iso, a clasificación para as Semifinais.
Os alevíns xogarán co Amistade Meiras, ás 17:00, no Pavillón de A Gándara (Narón). Último partido oficial da tempada para os nosos alumnos, que finalizan con este partido a súa participación na Copa. Coa clasificación na man, o partido promete ser igualado, xa que ambos os dous equipos estan empatados, e os nosos alumnos quererán realizar un bo encontro para así despedir a tempada do mellor xeito posible.
Dende esta web animámosvos a todos os que poidades que visitedes os pavillóns para ver os partidos!!!
Moita sorte a todos os equipos!!! Vémonos na pista!!
















