Os prebenxamíns participaron no Torneo de Betanzos
25/05/2010

Na mañá do sábado, os alumnos da categoría prebenjamin da EFS Río do Pozo desprazáronse ata Betanzos para disputar o V Torneo Cidade de Betanzos, organizado polo Troula FS.
Os nosos alumnos participaron no Grupo A do torneo e xogaban co Concello de Miño e co Troula "B"
Aos nosos alumnos tocoulles a honra de inaugurar o torneo, xa que disputaron o primeiro partido deste ante o Concello de Miño. O resultado do encontro foi de 0-3 favorable ao Concello de Miño.
O seguinte encontro do grupo A enfrontaba ao Concello de Miño co Troula "B", con resultado de 6-0 favorable ao Concello de Miño, os cales xa se adxudicaban a primeira praza de grupo e a consiguente clasificación para as semifinais.
No último partido do Grupo A, os alumnos da EFS Río do Pozo enfrontábanse co Troula "B". O resultado do encontro foi de 2-0 favorable á EFS Río do Pozo.
Os nosos alumnos finalizaban a súa participación o V Torneo Cidade de Betanzos como 2º do Grupo A.
Os vencedores do V Torneo Cidade de Betanzos foron os integrantes do Materiales del Atlántico - O Parrulo, os cales se impuxeron na Final ao Colexio Liceo La Paz por 2-4.
Dende aquí, queremos agradecer ao Troula FS o seu convite para a disputa do V Torneo Cidade de Betanzos.









