Entrevista a: Roberto Calvo

04/06/2010

Foto vencellada

No día de hoxe, en cdriodopozo.com ofrecémosvos unha nova entrega da sección de entrevistas.

Nesta ocasión, temos o pracer de entrevistar a Roberto Calvo, delegado do equipo prebenxamín da EFS Río do Pozo e Secretario do club.

Dende aquí agradecemos a Roberto a súa participación e a súa colaboración nesta interesante entrevista.

(Entrevista realizada por Adán Puentes para cdriodopozo.com)

1º ¿Por que decidiches asumir as funcións de delegado do equipo prebenxamín?

Asumín a función de Delegado de Prebenxamíns primeira porque Víctor mo pediu, e segundo porque me apetecía, xa que me gusta a filosofía do Club, e intento involucrarme naquilo no que dun modo ou outro coñezo.

2º ¿Como estás a ver o equipo prebenxamín durante esta tempada?

O equipo Prebenxamín partiu de cero ao empezar a tempada, practicamente a maioría dos nenos non sabían situarse na pista, e a final de tempada temos un equipo que, en moitos partidos, lle soubo facer fronte a rivais de certo nivel. Polo tanto melloraron un 100 por 100, en parte debido á paciencia do adestrador, xa que nesta categoría é bastante difícil manter atentos aos nenos nos adestramentos.

3º ¿Como é o día a día nos adestramentos cun grupo de nenos de idade prebenxamín?

Como antes dicía, os adestramentos son complicados debido a que os nenos se despistan doadamente, e moitas veces non atenden ás explicacións do adestrador, non obstante a asistencia aos adestramentos foi alta durante todo o curso, e os nenos mostran moito interese en asistir.

4º ¿Que diferenzas notas no equipo prebenxamín dende que empezaches con eles?

A diferenza que noto respecto ao principio de tempada está basicamente no nivel de xogo e na situación no campo.

5º ¿Que equipo puxo as cousas máis difíciles nesta tempada?

Sen dúbida o Materiakes del Atlántico A, son doutra galaxia...

6º ¿Cal é a túa valoración do nivel da liga prebenxamín nesta tempada?

Na liga Prebenxamín obsérvase que hai 2 ou 3 equipos que xogan a un gran nivel, e o resto están noutro..., máis ou menos igualados e no cal compiten de ti a ti.

7º ¿Dende hai uns meses, formas parte da Xunta Directiva do club que función tes nela?

A miña función na Xunta Directiva é a de Secretario do Club. Non dá moito traballo pero si que esixe demasiada asistencia a reunións, que á súa vez adoitan ser moi longas. Non digo máis que ao mellor me disputan os Xefes.

8º Unha das túas funcións como delegado é o trato cos pais e nais como levan os pais a evolución dos seus fillos durante a tempada?

A min dáme a impresión de que os pais están contentos aínda que os resultados non nos acompañaron. Nalgúns partidos (os menos), sentíronse algo desilusionados (ao igual que min ou o adestrador) porque os nenos non xogaron como saben, pero o ambiente na bancada é magnífico e pásanllo moi ben. Encántame o trato con eles, é do máis agradable deste "traballo" (se se pode considerar un traballo...)

9º Agora imos a entrar no territorio persoal, xa que non todo é Río do Pozo:

- Unha cor: Vermello
- Un equipo: O Rio do Pozo
- Unha afección: A do Rio do Pozo
- Unha cadea de televisión: A Primeira
- Emisora de raio: Non escoito a radio
- Unha Película: Shrek
- Un lugar de vacacións: Mallorca
- Unha comida: A lasaña que fai a miña muller
- Un lugar para escapar: Paseo de Ares

10º Queres engadir algo mais para así finalizar a entrevista?

Que sigamos todos para o ano coa mesma ilusión.