22.07.2010 Entrevista a: Adán Puentes

Foto vencellada

Hoxe daremoslle unha pequena volta de 180 graos ás entrevistas. Hoxe temos con nos ao entrevistador entrevistado, Adán Puentes.

1º ¿Quen é Adán Puentes? Describete nunhas poucas frases.

Comezo interesante para esta entrevista. ¿Quen son? Pues para quen ainda non se decatara, o meu nome é Adán Puentes, teño 20 años, son de Ferrol e son Técnico en Actividades Físicas e Animación Deportiva. Son un apasionado do fútbol sala e de mitos outros deportes en xeral. Ala onde vou sempre intento levar unha cámara de fotos para intentar retratar cousas interesantes que atope. Tamén considerome enganchado ás novas tecnoloxías, ainda que todo ten un límite. Hai que dicilo, que todo o fago a nivel aficionado ou, como me gusta chamalo, nivel de andar pola casa. Nin que decir ten que son nefasto á hora de describirme.

2º ¿Como fui a tua chegada ao Clube Deportivo Rio do Pozo e que foi o que máis te chamou do seu proxecto?

Pois a miña chegada ao CD Río do Pozo foi en 2008, e foi do máis curiosa. En Xuño de 2008, o Concello de Ferrol organizou as xornadas de "Deporte na rúa" nas cales me inscribira como Voluntario Deportivo do Padroado Municipal de Deportes. No último día destas xornadas coñecín a Víctor Garrote, que por aquel entón era o Director da Escola de Fútbol Sala deste clube. Empezabamos a falar de cousas que nos gustaban e saíu o tema do fútbol sala. Naquelas datas, estaba inmerso, xunto a varios amigos, nunha especie de proxecto para facer un equipo de fútbol sala feminino, pero que por varias circunstancias, nesa data estaba case morto. Víctor comprometeuse a chamarme para dicirme os prezos de inscrición na liga, para que así fosemos facendo números. Esa mesma noite recibía unha chamada, era Víctor, e tal como me prometera, tiña os prezos da Liga Provincial Feminina para o noso caso. Para nós, unha suposta "directiva" formada por rapaces e rapazas dunha media de 18-19 anos, pois eses gastos eran totalmente desorbitados, así que desistimos no proxecto. Ao mesmo tempo púxonos en contacto co Comarcal A Fervenza, un club que se creara o ano anterior e que necesitaban xente para poder seguir crecendo.

A finais dese mes, volvo recibir unha chamada de Víctor. Dime se estou interesado en adestrar na Escola de Fútbol Sala de Río do Pozo. Quedáramos para esa mesma tarde no Pavillón de Piñeiros. Alí presentoume a filosofía do club e todo o que conseguiran ata ese momento e propúxome adestrar o equipo Biberón e o Prebenxamín da Escola. Ao Prebenxamín renunciei nese mesmo momento, xa que me coincidían os horarios de adestramento cos das clases, así que era imposible. O Biberón, ao ser unha hora por semana, había varios horarios dispoñibles para realizar os adestramentos. Aceptei case sen dubidalo, xa que me encantaran dous dos piares básicos da Escola: A igualdade de oportunidades e educar xogando.

O que me atraeu ao proxecto, como dixen anteriormente, é a filosofía da Escola. Esta Escola é única o aplicar esta filosofía e iso pódese ver a simple vista nos adestramentos e nos partidos. É algo que non se ve nos clubes normais, xa que non se intenta copiar a ninguén, senón de educar os nenos e facelos gozar xogando ao fútbol sala, e o máis importante, que o propio neno se dá conta diso.

3º ¿Que tarefas viñeches desenvolvendo no club?

Pois principalmente realicei dúas tarefas: A de adestrador dos equipos da Escola e a de moderador de cdriodopozo.com.

Como adestrador da Escola fun adestrador do equipo biberón na tempada 2008-2009 e nos últimos meses desa tempada estiven a botar unha man no equipo alevín, para preparar o Torneo de Luarca. E de moderador de cdriodopozo.com estiven dende xaneiro de 2009 ata a finalización desta tempada, máis ou menos, ano e medio.


4º ¿De todas elas cal foi as máis divertida?, ¿e a menos?

Está claro que son máis divertidos os adestramentos, xa que estas cos nenos e cos seus pais e sempre estas entretido e as anécdotas multiplicanse. No referente á web, se che gusta, as cousas saen soas. Non é moi divertido estar a escribir cousas diante dun ordenador pero, polo menos, estás entretido. Pero iso compénsase cando estas polos pavillóns e te di a xente: "Oe, a web xenial, encántame todo o que publicades. Visítoa sempre que podo. "

5º Coa man no corazón, ¿con que parcela quedas: comunicación ou adestramentos?

Para min esta pregunta é coma se lle dis a un neno de 3 anos: ¿A quen queres máis papá ou mamá? Agora en serio: Por profesión debería dicir os adestramentos, xa que os dous anos estudando para ser Técnico Superior de Actividades Físicas e Animación Deportiva teñen que servir para algo. A comunicación tamén me atrae moito, e iso creo que se nota, xa que un dos meus soños frustrados é a de ser xornalista deportivo, só que a miña nota é o suficientemente baixa para non entrar na vida na Facultade de Periodismo.

Está claro que o que lle gusta a un deportista ou a un adestrador, é adestrar e facer deporte e gozar con iso.

6º Se que tamén colaboras con outros proxectos deportivos, ¿cales son? Fálanos un pouco deles.

Como moita xente sabe, estou no Comarcal A Fervenza de fútbol sala feminino. Actualmente realizo as tarefas de comunicación dese club e tamén son o delegado do primeiro equipo e colaboro todo o que podo no resto das categorías. É doado recoñecerme nos pavillóns, só hai que buscar no banco do Comarcal A Fervenza ao rapaz que está coa cámara de fotos. Tras moitos anos no fútbol sala masculino como porteiro e cando pensaba que non ía volver estar nun clube, apareceu a oportunidade do Comarcal A Fervenza e de poder descubrir o fútbol sala feminino, que é un mundo moi diferente ao masculino. É unha experiencia moi bonita e da cal estou totalmente enganchado.

Tamén colaboro, cando podo, como Voluntario Deportivo do Padroado de Deportes do Concello de Ferrol e no cal puiden estar en moitos eventos deportivos como o Rallye de Ferrol, o Campionato de España de Triatlón, o Masters Nacional de Tenis e moitas outras máis. Como vedes, un pouco de todo.

7º Imos a falar un pouco da parcela deportiva, como seguidor, ¿que sentes cando ves xogar os alumnos da nosa escola?

Sabedes o que eu vexo? Sobretodo compañeirismo e respecto polo compañeiro e os xogadores do equipo contrario. É algo co que quedas totalmente alucinado. Ver un partido dos rapaces da Escola de Rio do Pozo é unha lección de "fair play" de forma continuada. Iso é algo do que se pode estar orgulloso deste club.

8º ¿Que lle dirías a todas aquelas persoas que quixeran colaborar, dunha ou outra forma, no proxecto de Comunicación do club?

Diríalles que van sufrir moito. Non, é broma. Este equipo de Comunicación, liderado por Jaime Domínguez, é moi bo. Sempre están ao tanto das posibles melloras que se poden realizar e abertos a todo tipo de suxestións. Realmente é unha gozada ter estado no departamento de Comunicación durante este tempo. A xente que se queira sumar ao proxecto, só teñen que falar con Jaime e dicirlle todas as ideas que se teñen e él intentará que se poidan facer realidade, e se non se pode, intentará buscar unha alternativa posible. Ben Jaime, que saibas que te acabo de vender como un mago jeje.

9º Agora imos a entrar no territorio persoal, xa que non todo é fútbol sala:

- Unha cor: O azul
- Un equipo: Inter Movistar.
- Unha afección: A loita libre e as artes marciais.
- Unha cadea de televisión: A Sexta.
- Unha emisora de radio: Europa FM.
- Unha película: Armagedón.
- Un lugar para irse de vacacións: Miami.
- Unha comida: Os espaguetis.
- Un lugar para escapar: Calquera sitio onde haxa un bo campo.

10º Agora RDP debe anunciar que nos deixas. Dás un paso ao lateral ó proxecto e camiñarás ao noso lado, que non pensamos en deixarte escapar tan doadamente ¿Cales son os teus novos retos?

Antes de nada, teño que dicir que deixo o club porque considero que non son a persoa axeitada, dadas as miñas circunstancias persoais, para levar as tarefas de Comunicación nun club en crecemento como é Rio do Pozo. Considero que o mellor para un club en crecemento é que a web estea o máis próxima posible no día a día do club. Iso notarase na calidade dos contidos e na frescura destes. Asegúrovolo.

Aínda que pareza mentira, os meus novos retos aínda non están de todo claros. Mentres siga no fútbol sala case vos podo garantir que me veredes polos pavillóns. Tampouco descartedes que practique, e esta como deportista, algunha modalidade deportiva a nivel afeccionado sempre e cando poida compatibilizalo co fútbol sala.

11º ¿Cal é o teu balance do teu paso polo club? ¿Cumpríronse as túas expectativas?

O meu balance deste tempo no club só podo cualificalo de xenial, en calquera das áreas nas que estiven. E non só cumpríronse todas as miñas expectativas, senón que se superaron de sobras. Realmente estou moi orgulloso de ter sido parte da familia do Clube Deportivo Río do Pozo.

12º ¿Queres engadir algo mais para así finalizar a entrevista?

Chegados a este punto, só queda dar as grazas a toda esa xente que estivo e colaborando comigo durante estes dous anos no Clube Deportivo Río do Pozo, e en especial dalo as grazas a tres persoas: A Cali, por animarme a facer cousas para o club. A Jaime, por mostrarme o mundo da comunicación e poder aprender diso. E a Víctor, un amante deste deporte como poucos, por ensinarme o Clube Deportivo Rio do Pozo e permitir que fose parte deste club durante estes dous anos. Grazas por todo.

Tamén quixera agradecer ao resto de compoñentes do Clube Deportivo Río do Pozo o excelente trato que tiveron comigo neste tempo, e no cal aprendín moitas cousas.

Aos que quedades, dicirvos que sigades traballando desta forma tan brillante e sobre todo, que sigades respectando a filosofía deste club, xa que é o sinal de identidade do mesmo e sen ela, este club perdería gran parte do seu encanto. Sabedes que o reto é moi difícil, pero que pouco a pouco o Clube Deportivo Rio do Pozo se converterá nun dos grandes. Moito ánimo e moita sorte, que vola merecedes.

E a toda a xente que está a ler esta entrevista só me queda dicirlles unha cousa: Vémonos nos pavillóns.

Grazas por todo Clube Deportivo Río do Pozo!!!!

o comenta en el foro

Comenta aquí con tu cuenta de facebook