19.10.2010 Convocatoria de Elecccións

Foto vencellada

Ao amparo do disposto no Artigo 10 dos Estatutos do club, a Xunta Directiva do C.D. RÍO DO POZO acorda convocar eleccións á presidencia do club en Asemblea Xeral Extraordinaria que terá lugar na sede o 31 Outubro de 2010, ás 11:30 en primeira convocatoria e ás 12:00 en segunda.
Regulación do procedemento electoral: (*)

1 – Serán condicións para ser candidato:
Ser maior de idade.
Ser socio de número do Clube Deportivo Río do Pozo.
Presentar unha Xunta Directiva formada por un número de socios de número maiores de idade non inferior a 5 nin superior a 15 da que tomarán parte un Tesoureiro e un Secretario.

2 – Presentación de Candidaturas:
Os candidatos notificarán ao Club Deportivo Río do Pozo a súa intención de presentarse ás eleccións achegando unha relación dos socios que conformarán a súa Xunta Directiva asinada por todos eles.
As distintas candidaturas disporán dun tempo de 30 minutos na Asemblea Xeral Extraordinaria, para a presentación do seu proxecto aos socios antes de proceder á votación.

3 – Votación:
A elección será por sufraxio libre, directo, igual e segredo entre os membros da Asemblea Xeral do Clube Deportivo Río do Pozo.
Os electores han de vir debidamente documentados co seu DNI e estar ao corrente de pago da súa cota de socio na data de celebración da Asemblea Xeral Extraordinaria.

4 – Proclamación de vencedores:
En caso de presentación dunha única candidatura, esta será elixida sen necesidade de votación.
No caso de que se presenten 2 candidaturas, gañará a aquela candidatura que obteña a maioría simple dos votos. En caso de empate proclamarase vencedora a candidatura cuxo candidato a presidente teña maior antigüidade como socio do Clube Deportivo Río do Pozo.
En caso de presentación dun número maior de candidaturas procederase a realizar unha segunda volta coas dúas candidaturas máis votadas na que se decidirá da mesma forma que no apartado anterior. No caso de que na primeira volta unha das candidaturas contase coa maioría absoluta (metade 1) dos electores, esta proclamarase vencedora sen necesidade de realizar a segunda volta.

o comenta en el foro

Comenta aquí con tu cuenta de facebook