07.07.2010 Entrevista a: Brais Pérez

No día de hoxe, en cdriodopozo.com ofrecémosvos unha nova entrega da sección de entrevistas.
Nesta ocasión, temos o pracer de entrevistar a Brais Pérez, adestrador do equipo prebenxamín da EFS Río do Pozo.
Dende aquí agradecemos a Brais a súa participación e a súa colaboración nesta interesante entrevista.
(Entrevista realizada por Adán Puentes para cdriodopozo.com)
1º ¿Cal é a túa traxectoria deportiva?
Pois en canto a xogador poderíase resumir en:
Benxamín (1º ano) a Infantil de (2º ano) en O Parrulo
Cadete (1º ano) no Fútbol Sala Narón
Cadete (2º ano) en O Parrulo
Seleccíon Ferrolana
En canto a adestrador dende a tempada 2008 no Clube Deportivo Rio do Pozo ata o presente, adestrando nas categorías biberón e prebenxamín. Adestrarei ao equipo Infantil a próxima tempada.
2º ¿Cales son os teus éxitos deportivos?
Campión e subcampión de liga e copa varias tempadas.
1º no Intercomarcal (2006)
1º no Intercomarcal (2007)
2º no campionato provincial (2007)
3º ¿Quen te liou para vir ao Clube Deportivo Río do Pozo?
Pois foi un dia que nunca se me esquecerá, mentres estabamos a falar Víctor e eu polo ordenador, propúxome incorporarme o club como 2º entrenandor do biberón. Isto foi un 28 de xaneiro e en febreiro xa estaba a adestrar; asi que non dubide en ningun momento (risas). E día tras día doume conta que fixen o correcto.
4º ¿Que cambios notaches no club durante este tempo?
Moitos. Agora temos as cousas máis claras, agora sabemos perfectamente o que queremos e o que non queremos. Contamos cunha área de comunicacion dos mellores cunha web impresionante. Sumando xente poquito a pouco. E abrigo, os que me coñecen soaralles esta palabra "profesionalizar" un pouco máis o club, é dicir, seriedade, que se vira que non somos un grupo de amigos, senón un grupo de persoas que temos claras as cousas e que traballamos para e polo neno/a mediante a nosa filosofia que se desenvolve mediante a EDUCACIÓN + DIVERSIÓN = APRENDIZAXE.
Demos un paso adiante en canto a que nos tomamos as cousas en serio, incorporando reunións mensuais con monitores e delegados, xunta directiva, asembleas de socios, etc. Pequenas cousas que, xunto ás anteriores, nos fan diferentes aos demais clubs da comarca.
5º Esta foi a túa segunda tempada no club, a tempada pasada eras o 2º adestrador do equipo biberón e esta tempada fuches o adestrador do equipo prebenxamín ¿Como te sentes adestrando nenos en idades tan temperás?
Moi ben e cada vez máis comodo tanto dirixindo os partidos coma adestrando, aínda que sempre tendo paciencia e constancia.
O máis bonito que teñen estas categorias é que te encariñas moi facilmente dos crios, e dia tras dia aprendes novas cousas, poderíase dicir que estás nunha continua aprendizaxe e sobretodo, o divertidos que son os adestramentos con nenos.
6º ¿Como é o día a día nos adestramentos cun grupo de nenos en idade prebenxamín?
A esas idades tan temperás dependes moito do día que tiveron os nenos posto, que un só che podo revolucionar o adestro. Grazas a deus, eu tiven a sorte de non ter moitos casos como eses e cando os tiven, actuar e non pasar a máis.
Todas as miñas palabras cara aos meus "nenos/ás" son de agradecemento, posto que son un grandisimo grupo e sobretodo destacar a un en especial, unha persoa moi dificil a principio de tempada pero que a medida que foi pasando a tempada foi mellorando moito.
Agradecer, de paso dende aqui a todos os pais/nais. Ao meu SUPER DELEGADO, grazas Rober. E sobretodo, Grazas pequenos seguide así e grazas por este ano, foi un privilexio pasalo convosco. E para rematar, Grazas a todos/ás por aguantarme. (risas).
Se me pedise un consello unha persoa que vai empezar a adestrar nenos, sen lugar a dúbidas diríalle tres palabras: PACIENCIA, CARIÑO E DIVERSIÓN.
7º ¿Que diferenzas notas no equipo prebenxamín dende que empezaches con eles?
Moitas, deixando a un as mejorias tanto no xogo en equipo coma nas melloras na súa técnica individual.
Quero destacar, o seu nivel de traballo e sacrificio. As súas mellorías en comportamento, actitude e sobre todo destacar a un en especial, o cal foi un rompedeiro de cabeza case toda a tempada, un neno moi complicado pero que ao final tanta insitencia e paciencia do meu compañeiro (delegado) e a miña deron os seus froitos e cambiou terriblemente a mellor. Cousas como estas, son as que me deixan claro que me encantan os nenos. Estas alegrias non se compran con diñeiro, é algo moi especial que hai que vivilas eses cambios e fan que te encariñes cada vez máis con eles.
8º Agora imos á competición ¿Que equipo puxo as cousas máis dificiles nesta tempada?
Sen lugar a dúbidas O Parrulo. Están a outro nivel tanto físico coma técnico aos demais. En gran parte, grazas ao labor do seu enterenador.
9º ¿Cal é a túa valoración do nivel da liga prebenxamín nesta tempada recen finalizada?
Contamos coa categoria máis poboada (16 equipos) na cal se podería dicir que estivo dividida en 2 grupos. Un primeiro grupo no que estarían 2-3 equipos a un nivel superior e outro grupo no que estariamos todos os demais con equipos máis parellos. Facendo unha paréntese, destacar a total superioridade que tivo O Parrulo ao respecto de todos os demais equipos, equipo que conta cun gran número de nenos/ás de gran nivel técnico e tamén moi ben dirixidos polo seu adestrador, Testa. Dende aqui, querería felicitalos da súa gran tempada.
Baixo o meu punto de vista é a categoría máis bonita, posto que son nenos moi pequenos no cal non hai un momento de aburrimento.
10º Agora queremos que te molles un pouco ¿Cales son os obxectivos de Brais para a próxima tempada?
- Seguir aprendendo e preparandome no futbol salga.
- Conseguir os objectivos deportivos que consensuemos entre o coordinador e eu na categoria infantil.
11º Agora imos a entrar no territorio persoal, xa que non todo é Río do Pozo:
- Unha cor: Laranxa e Azul.
- Un equipo: CD Rio Do Pozo e Interviú.
- Unha afección: Poceiros
- Unha cadea de televisión: Telecinco e Teledeporte.
- Unha emisora de raio: COPE e Radio Marca
- Unha película: "Novembro Doce" e "A vida é Bela"
- Un lugar para irse de vacacións: Bruxelas ou Bruxes
- Unha comida: Fideua.
- Un lugar para escapar: Algún lugar con praia.
12º ¿Queres engadir algo mais para así finalizar a entrevista?
O primeiro agradecer a Adán polo traballo que estivo a levar a cabo e agradecelle en que pensase en min para esta entrevista. O segundo agradecer a TODO o club pola grande oportunidade e confianza que me están a brindar. Xa sei que me repito pero GRAZAS pais/nais e grazas pequenos por este ano.
Tamén, invitar a todos os pais/nais que se o que queren para os seus fillos é EDUCACION + DIVERSIÓN = APRENDIZAXE, que non dubiden nin un instante en que nosoutros somos ese cub.
E por útimo desexar, a todos os integrantes do club ten que sigan co mesmo entusiasmo e ganas como o estamos a facer.















