28.01.2014 Xornada FLAG fútbol na EID

Foto vencellada

A Escola de Iniciación Deportiva (EID) do club, no seu constante afán de innovar nas actividades que realizan os nosos pequenos campións vai realizar unha sesión diferente este proximo sábado.

A actividade consistirá en xogar cos nenos ao FLAG FUTBOL.

O flag futbol é unha adaptación do Fútbol Americano na que non existen placajes. Xógase cunha bandeira atada á cintura. A finalidade é exactamente a mesma que no Fútbol Americano, pero no canto de placar quítaselle a bandeira ao oponente para impedir que avance.

A actividade constará dunha duración de entre 60 e 90 minutos ¡e será totalmente segura! e os alumnos non necesitarán ningún tipo de protección adicional.

Esta actividade realizarase en conxunto cos mozos do CFA Trasnos e os alumnos alevín e benjamín da EFS RDP que desexen participar. Por suposto organizaranse por grupos de idade cun monitor para cada un.

Como para esta actividade contaremos coa asistencia dos mozos, tanto alumnos como monitores, do CFA TRASNOS queremos que haxa unha asistencia o máis alta posible para aproveitar esa colaboración o máis posible e exprimir a experiencia neste novo deporte dos nosos amigos do Trasnos ao máximo.

Calquera dúbida podedes contactar con Diego Lorenzo no seu whatsapp ou por correo en dlorenzo@cdriodopozo.com

A pasalo ben poceros!

o comenta en el foro

Comenta aquí con tu cuenta de facebook