01.10.2011 Marcha Laranxa 2011

Alégranos comunicarvos a convocatoria xeral aos socios para participar nunha actividade lúdico deportivo con motivo do aniversario do noso club:

A Marcha Laranxa 2011

Consistirá nunha proba atlética en forma de paseo multitudinario desde o colexio de Piñeiros ata a zona de lecer do Roxal o dia 22 de outubro compartido por todos os socios participantes e as súas familias.

Esta marcha non será competitiva senón que terá por obxectivo fomentar a convivencia entre os membros do club á vez que se promociona o deporte como actividade divertida e saudable.

Como evento de fomento do deporte que é pedimos a todos os participantes que vistan coas cores laranxa do club para facernos ver e que a mensaxe ?somos diferentes? chegue a todos aqueles que nos vexan marchar.

Unha vez chegados ao Roxal celebraremos unha pantagruélica comida como é de rigor despois do esforzo e as emocións do camiño. Tamén haberá espazo e xogos preparados para que os pequenos pásenllo en grande.

Os datos concretos da actividade son:


Saída da marcha:

Colexio de Piñeiros ás 11:00horas

Chegada e comida:

O Roxal ás 13:00 horas (estimada)

Xogos e tempo de lecer:

Ata que nos cansemos :)

Itinerario:

Colexio Piñeiros, Paseo de Narón, Igrexa de Sta. María, Mourela, O Roxal

Custo da actividade:

12€ por adulto

10€ por neno


Para participar, por favor, contactade cos delegados ou co club.

o comenta en el foro

Comenta aquí con tu cuenta de facebook