06.12.2011 Programa Presentación Alumnos e Asamblea

Como todos os poceros xa sabeis o día 17 de decembro RDP celebra a súa asemblea xeral ordinaria.

Pasamos a explicarvos o programa da xornada con máis detalle.

10:00 Fotografía oficial Xunta Directiva e Corpo Técnico.
Deberán asistir todos os membros da Xunta Directiva e o Corpo Técnico uniformados co chándal oficial do club.

10:15 Fotografía oficial Equipo Veteranos.
Deberán asistir co equipamento oficial de xogo laranxa.

10:30 Fotografía oficial equipo Infantil E.F.S.
Deberán asistir co chándal oficial do club así como co equipamento oficial de xogo laranxa.

10:45 Fotografía oficial equipo benjamín E.F.S.
Deberán asistir co chándal oficial do club así como co equipamento oficial de xogo laranxa.

11:15 Fotografía oficial equipo prebenjamín E.F.S
Deberán asistir co chándal oficial do club así como co equipamento oficial de xogo laranxa.

11:45 Fotografía oficial equipo biberón E.IDE.
Deberán asistir coa camiseta de adestramento xunto con pantalón e medias.

12:00 - 13:30 Asemblea Xeral Ordinaria de socios en Centro Deportivo Castro.

14:00 Comida de Nadal
Celebrarase no Restaurante Río do Pozo con todas as familias de alumnos, Corpo Técnico e Xunta Directiva. O menú e o prezo por persoa será o seguinte:

- Adultos (10 €): Sopa e carne asada.
- Nenos (9 €) : Macarrones á carbonara e Lombo con patacas.

Por favor, recordade confirmar a asistencia antes do día 10 de decembro a través dos seguintes medios.
- Tlfno: 639 946 888 (Carlos Díaz)
- presidencia@cdriodopozo.com

¡Vémonos na asemblea poceros!

o comenta en el foro

Comenta aquí con tu cuenta de facebook