18.05.2010 Resumo da xornada

Saúdos a todos os RDPeros:
Este fin de semana os equipos benxamín e alevín da EFS Río do Pozo disputaron unha nova xornada de Copa. Tratábase dunha xornada importante, xa que os benxamíns xogaban os Cuartos de Final e os alevíns xogaban o seu último partido de Copa, ambos os dous partidos celebráronse no Pavillón de A Gándara (Narón)
Os benxamíns da EFS Río do Pozo xogaron o seu partido de Cuartos de Final co Roiba Ferca. O resultado do encontro foi de 4-2 favorable ao Roiba Ferca.
Ao contrario dos últimos encontros, os nosos alumnos empezaron ben o encontro, tendo o control da pelota durante moito tempo, ata que se abriu o marcador a favor dos rapaces do Roiba Ferca. O Roiba Ferca foi moito máis efectivo a portaría que os nosos alumnos, xa que a EFS Río do Pozo fallou moitas ocasións e non se acertou en meter a pelota dentro da portaría. Isto notouse, xa que grazas a isto, o Roiba Ferca foi sempre por diante no marcador, ata chegar a ese 4-2 final, que supón o fin da tempada oficial para os nosos alumnos.
Por parte do noso equipo marcaron Migui e Mati.
Facendo balance da tempada, esta foi unha tempada meritoria para os nosos alumnos, xa que estiveron á altura do mellor equipo da Comarca faltando esa sorte que ás veces fai falta en igualdade de condicións. Parabéns a estes alumnos por unha nova tempada notable!!
Os alevíns non puideron disputar o seu último encontro de Copa co Amistade Meirás. Para este encontro tan só presentáronse catro alumnos da EFS Río do Pozo, o que fixo que o encontro non se puidese celebrar por falta de xogadores. No seu lugar, disputouse un partidillo amigable entre os compoñentes de ambos os dous conxuntos. Dende aquí queremos pedir desculpas ao Amistade Meirás por non poder ter disputado o encontro e á vez agradecémoslles a actitude do seu corpo técnico durante todo este período.
Ben, pois ata aquí chegou a tempada oficial. A partir de agora, empeza un período moi bonito da tempada que son os Torneos. En cdriodopozo.com seguiremos informando de todos os torneos que disputen os nosos alumnos!! Grazas por seguirnos durante a tempada oficial!!















