17.05.2011 Reunión Trimestral de Pais (Sabado, 28 Maio)

Como cada trimestre o Club Deportivo Río do Pozo convoca aos pais dos alumnos da escola de fútbol sala a unha reunión de seguimento e información das actividades do club e da escola.
A continuación achegamos a circular transcrita:
Estimados pais de alumnos e alumnas da Escola de Fútbol sala,
Compráceme convocarlles para a próxima reunión que, con carácter trimestral, celebrarase no Local Social do club na seguinte data e hora.
Lugar: Local Social de Nelle, Estrada de Cedeira, s/n C.P.: 15578
Data: Sábado, 28 de Maio de 2011
Horarios:
- Categoría infantil e cadete: 11:10
- Categoría alevín: 12:00
- Categoría benjamín e prebenjamín: 12:50
- Valoración, por parte do adestrador, do labor técnico levada a cabo ata a data así como recollida das consultas, dúbidas ou suxestións que os propios asistentes puidesen propor.
- Presentación, por parte do Secretario da Escola, das condicións finais para a viaxe de fin de curso que a Escola de Fútbol sala ten planificado á localidade asturiana de Luarca e co fin de participar no ?XVII TORNEO INTERNACIONAL DE FÚTBOL SALA BASEE LUARCA 2011?. Da mesma forma, entregarase cada un dos asistentes un comunicado oficial reflectindo por escrito toda a información necesaria así como un documento de autorización paterna permitindo ao alumno participar da actividade en cuestión.
- Presentación, por parte do Director da Escola, do proxecto deportivo 2011/2012 para a Escola de Fútbol sala e o corpo técnico responsable das súas actividades. Da mesma forma, entregarase a cada un dos asistentes un horario de adestramentos que, aínda que de carácter provisional, colaborará en poder planificar o horario de actividades de cada un dos alumnos.
- Presentación, por parte do Secretario, do proceso de matrícula de face a poder formalizala para o próximo curso. Facilitaranse desta forma solicitudes e/ou renovacións dos documentos de socio, matrícula de alumnos e autorizacións paternas para aqueles interesados.
- Presentación, por parte do Presidente, da Festa de Fin de Curso que se celebrará para todos os alumnos durante a primeira quincena do mes de Xullo. Devandita festa servirá ademais para a recollida final do material que, en calidade de cesión, entregouse unha vez iniciada a presente tempada.
Esperando unha numerosa asistencia por parte de todos vostedes despídese atentamente,
Víctor M. Garrote Filgueira
Director Escola de Fútbol sala de Clube Deportivo Río do Pozo















