25.04.2011 Segunda xornada I Torneo RDP

Foto vencellada

Máis goles, emoción e diversión era o planificado para esta xornada final de domingo do I Torneo RDP e o aínda que traballamos duramente para conseguilo non o conseguimos sen a marabillosa afección de RDP, dos clubs participantes e de toda a comarca que converteron este domingo nunha gran festa do fútbol sala.

(Todas as fotos dos partidos e máis no album do torneo da nosa galería multimedia)

Empezamos a xornada de mañá con tres partidos e a promesa dun día asollado:




10:00 3º e 4º posto Benjamín
Río do Pozo - A Solaina
Resultado 0-12

11:00 3º e 4º posto Infantil
Ou'Parrulo - Río do Pozo
Resultado 8-1

12:00 2º partido triangular Alevín
Freixo - Río do Pozo
Resultado 14-1

isto deixou toda a emoción da final do triangular alevín para o 3º partido na xornada de tarde onde se decidiría todo entre o Freixo e o Triplo V / Animas.

Os "esforzados voluntarios" e integrantes da organización fixemos unha pausa para ir comer todos xuntos ao próximo restaurante do Medulio, orgulloso patrocinador do torneo, e con animos e forzas renovadas empezamos ás 16:00 horas a xornada de tarde coas finais de todas as categorías.

Os primeiros en xogar fuerón os prebenjamines:


16:00 Final Categoría Prebenjamín
Amistade de Meiras - Compañía de María
Resultado 7-1
Campión Prebenjamín: Amistade de Meiras

Despues chegou a quenda, en orde ascendente de idade, da categoria benjamín:


17:00 Final Categoría Benjamín
A Fervenza - Triplo V / Animas
Resultado 3-6
Campión Benjamín: Triplo V / Animas

A continuación xogaron os alevíns o seu 3º partido e decisivo do seu torneo triangular. Ambos derrotaran previamente a RDP nos seus respectivos partidos polo que o resultado deste partido decidiría directamente o campión.


18:00 3º Partido e Final Categoría Alevín
Triplo V / Animas - O Freixo
Resultado 3-2
Campión Alevín: Triplo V / Animas

E para pechar a tarde, futbolísticamente falando chego a quenda dos aspirantes ao campionato infantil:


19:00 3º Partido e Final Categoría Infantil
Racing de San Pedro - Cidade de Narón
Resultado 2-2 (3-2 nos penaltis)
Campión Infantil: Racing de San Pedro

(Cuadrante de partidos e resultados de todo o torneo dispoñible na páxina do torneo)

Catro, foron catro, os partidos desta tarde de domingo. 4 campións e moitísima emoción compartida entre os resultados e os sorteos dos produtos ofrecidos polos nosos patrocianadores.

- Un set de produtos de beleza de Salón Eva Figueroa
- Unha cea para 4 persoas de Mesón Medulio (Narón)
- Un lacón de Charcutería Pita Paz (Mercado Recimil)
- Un servizo de peluqueria Tesoiras
- un iPod ofrecido por DS.COME (Odeón)

e non esquezamos que temos pendente o resultado das rifas para dúas marabillosas noites de hotel para dúas persoas ofrecidas por Publimaxe Noroeste cuxo gañador coincidirá co sorteo da ONCE do día 25 de Xullo de 2011.

Tan só quedábanos entregar os trofeos aos nosos 13 equipos campións porque no noso torneo ninguén perdeu. Para a ceremonio de entrega de premios contamos con:

Adrian Martínez, xogador do AZKAR Lugo de división de honra,
Pablo Prieto, Seleccionador nacional de Libia,
José Sestayo, Pte. da delegación ferrolá de Fed. Galega de Fútbol sala e
Natalia Hermida, Concelleira de Mocidade, Participación Cidadá e deportes do Concello de Narón
(-> Album da cerimonia na nosa galería multimedia)

E tan só réstanos dar as grazas, moitas grazas, enormes e sentidas grazas a toda a xente que fixo este evento posible. Desde os patrocinadores ata os clubs participantes, desde as institucións aos voluntarios que estiveron ao pé do cañon, desde os arbitros aos speakers... grazas, GRAZAS, G R A C I A S A Todos por facer este torneo posible e conseguir que sexa o éxito que cremos que foi.

Esperámosvos o ano que vén no II Torneo RDP de Fútbol sala!!!

o comenta en el foro

Comenta aquí con tu cuenta de facebook