Date de alta
O Clube Deportivo Río do Pozo naceo en Outubro de 2006 cunha finalidade e unha metodoloxía como é o "educar xogando".
Para a futura tempada 2010-2011 decidímonos a por en marcha a terceira fase do noso proxecto deportivo. Unha terceira fase na que, despois de estabilizar as duas anteriores, decidiuse impulsar o Ciclo de Perfeccionamento e Rendemento.
Cómponse, polo tanto, a Escola de Fútbol Sala Río de Pozo por:
Un Ciclo de iniciación, orientado a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 6 e os 9 anos e clasificados da seguinte forma:
- Etapa Pre-benxamín (nados/as en 2003 y 2004)
- Etapa Benxamín (nados/as en 2001 y 2002)
Un Ciclo de Formación e tecnificación orientado a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 10 e os 13 anos e clasificados da seguinte forma:
- Etapa Alevín (nados/as en 1999 y 2000)
- Etapa Infantil (nados/as en 1997 y 1998)
Un Ciclo de Perfeccionamento e Rendemento orientado a alumnos de idades comprendidas entre os 14 e 15 anos.
- Etapa Cadete (nados/as en 1995 y 1996)
PROCESO DE INSCRIPCIÓN
Se desexas inscribirte en calquera dos nosos equipos pódelo facer a través das seguintes formas:
- Descargando a Solicitude/Renovación de ingreso e enviándoa ao noso apartado de correos (Apartado nº2 | cp 15570 | Narón) a través do correo ordinario, ou se o prefires, a través da dirección de correo electrónico: efsriodopozo@cdriodopozo.com

















