Saluda
Estimados poceros:
Estou encantado de darvos a benvida a unha nova tempada do Club Deportivo Río do Pozo.
Levamos traballando dende o 2006 para conseguir esteblecernos como un referente no Fútbol-Sala, buscando en todo momento as mellores condicións paras os nosos nenos sen perder nen un atisbo da nosa filosofía: “educar xogando”
É por iso que vos invito a todos a disfrutar deste ano, no que reforzados, se cabe na nosa postura. Pretendemos ir máis lonxe, presentando novos e ambiciosos proxectos como a Escola de Iniciación Deportiva ademais de consolidar a nosa Escola de Fútbol Sala nun único espazo como é o Pavillón de Castro.
Seguimos avanzando, algo que sería imposible sen a vosa axuda, coa que esperamos seguir contando nesta apaixoante tempada 2011-2012.
Carlos Ibán Díaz Doce | Presidente CD Río do Pozo
















