Novas

Foto vencellada

No día de hoxe, a dirección da Escola de Fútbol Sala Río do Pozo comunica a apertura do prazo de inscrición ou renovación de alumnos para a tempada 2010-2011.

Clube Deportivo Río do Pozo nace en Outubro de 2006 cunha finalidade e unha metodoloxía como é "educar xogando".

Para a futura tempada 2010-2011 decidímonos a por en marcha a terceira fase do noso proxecto deportivo. Unha terceira fase na que, despois de estabilizar as dúas anteriores, decidiu impulsar o Ciclo de Perfeccionamento e Rendemento.

Componse, polo tanto, a Escola de Fútbol Sala Río do Pozo por:

Un Ciclo de Iniciación, orientado a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 9 anos e clasificados da seguinte forma:

. Etapa Pre-Benxamín (nados/as en 2003 e 2004)
. Etapa Benxamín (nados/as en 2001 e 2002)

Un Ciclo de Formación e tecnificación orientado a alumnos de idades comprendidas entre os 10 e os 13 anos e clasificados da seguinte forma:

. Etapa Alevín (nados/as en 1999 e 2000)
. Etapa Infantil (nados/as en 1997 e 1998)

Un Ciclo de Perfeccionamento e Rendemento orientado a alumnos de idades comprendidas entre os 14 e 15 anos.

. Etapa Cadete (nados/as en 1995 e 1996)

PROCESO DE INSCRICIÓN

Se desexas inscribirte en calquera dos nosos equipos pódelo facer a través das seguintes formas:

. Descargando a Solicitude / renovación de ingreso, que se encontra na nosa sección "Xogas" e enviándoa ao noso apartado de correos (Apartado nº2 | cp 15570 | Narón) a través do correo ordinario, ou se o prefires, a través da dirección de correo electrónico: efsriodopozo@cdriodopozo.com


Foto vencellada

Saúdos a todos os RDPeros:

Este fin de semana os equipos benxamín e alevín da EFS Río do Pozo disputaron unha nova xornada de Copa. Tratábase dunha xornada importante, xa que os benxamíns xogaban os Cuartos de Final e os alevíns xogaban o seu último partido de Copa, ambos os dous partidos celebráronse no Pavillón de A Gándara (Narón)

Os benxamíns da EFS Río do Pozo xogaron o seu partido de Cuartos de Final co Roiba Ferca. O resultado do encontro foi de 4-2 favorable ao Roiba Ferca.

Ao contrario dos últimos encontros, os nosos alumnos empezaron ben o encontro, tendo o control da pelota durante moito tempo, ata que se abriu o marcador a favor dos rapaces do Roiba Ferca. O Roiba Ferca foi moito máis efectivo a portaría que os nosos alumnos, xa que a EFS Río do Pozo fallou moitas ocasións e non se acertou en meter a pelota dentro da portaría. Isto notouse, xa que grazas a isto, o Roiba Ferca foi sempre por diante no marcador, ata chegar a ese 4-2 final, que supón o fin da tempada oficial para os nosos alumnos.

Por parte do noso equipo marcaron Migui e Mati.

Facendo balance da tempada, esta foi unha tempada meritoria para os nosos alumnos, xa que estiveron á altura do mellor equipo da Comarca faltando esa sorte que ás veces fai falta en igualdade de condicións. Parabéns a estes alumnos por unha nova tempada notable!!

Os alevíns non puideron disputar o seu último encontro de Copa co Amistade Meirás. Para este encontro tan só presentáronse catro alumnos da EFS Río do Pozo, o que fixo que o encontro non se puidese celebrar por falta de xogadores. No seu lugar, disputouse un partidillo amigable entre os compoñentes de ambos os dous conxuntos. Dende aquí queremos pedir desculpas ao Amistade Meirás por non poder ter disputado o encontro e á vez agradecémoslles a actitude do seu corpo técnico durante todo este período.

Ben, pois ata aquí chegou a tempada oficial. A partir de agora, empeza un período moi bonito da tempada que son os Torneos. En cdriodopozo.com seguiremos informando de todos os torneos que disputen os nosos alumnos!! Grazas por seguirnos durante a tempada oficial!!


Foto vencellada

Saúdos do RDPeros:

Este fin de semana volve ser especial, xa que os alumnos da EFS Río do Pozo teñen por diante unha xornada moi importante de Copa. Os benxamíns disputan os Cuartos de Final de Copa e os alevíns disputan o último partido oficial da tempada. Imos ver o que temos por diante:

Os benxamíns xogarán co Roiba Ferca, ás 18:30, no Pavillón de A Gándara (Narón). Partido de Cuartos de Final da Copa, aínda que case parece unha Final anticipada, xa que se enfrontan o Campión de Liga, Roiba Ferca, co 3º clasificado, a EFS Rio do Pozo. O resultado do partido de Liga fóra 2-0 favorable ao Roiba Ferca, nun partido moi igualado. Polo tanto, pode pasar calquera cousa neste encontro. Esperemos que os alumnos da EFS Río do Pozo consigan a vitoria, e con iso, a clasificación para as Semifinais.

Os alevíns xogarán co Amistade Meiras, ás 17:00, no Pavillón de A Gándara (Narón). Último partido oficial da tempada para os nosos alumnos, que finalizan con este partido a súa participación na Copa. Coa clasificación na man, o partido promete ser igualado, xa que ambos os dous equipos estan empatados, e os nosos alumnos quererán realizar un bo encontro para así despedir a tempada do mellor xeito posible.

Dende esta web animámosvos a todos os que poidades que visitedes os pavillóns para ver os partidos!!!

Moita sorte a todos os equipos!!! Vémonos na pista!!


11.05.2010
Foto vencellada

Saúdos a todos os RDPeros:

O pasado domingo a fase previa da Copa concluíu para os alumnos de prebenxamíns, benxamíns e infantís. A os alevíns aínda quédanlles dúas semanas de fase previa. Temos que recordar que o equipo benxamín descansou nesta última xornada da Fase Previa da Copa. Así que, como cada semana, imos ver que nos depararon os partidos dos alumnos da EFS Río do Pozo.

Os prebenxamíns xogaban co Canido. O resultado do encontro foi de 1-8 favorable ao Canido.

Foi un partido intenso pero raro á vez, no cal os nosos alumnos estiveron un pouco perdidos e deixaron moitos ocos, o cal foi aproveitado polo equipo contrario para gañar o partido con claridade.

O noso gol meteuno Borja, que como sempre xogou moi atento e con moitas ganas.

Os alevíns xogaron co Cidade de Narón. O resultado do encontro foi de 0-8 favorable ao Cidade de Narón e os infantís xogaron co Materiales del Atlántico - O Parrulo "A". O resultado do encontro foi de 0-5 favorable ao O Parrulo "A".

Con estes resultados, os alumnos das categorías prebenxamín e infantil conclúen a súa participación na Copa.

O próximo domingo gozaremos dunha nova xornada de Copa. Esperámosvos!!!!


Foto vencellada

Comunícase a todos os pais de nosos/ás alumnos/ás que, por motivos alleos ao club, SE SUSPENDEN TODAS AS ACTIVIDADES da Escola de Fútbol Sala que se veñan desenvolvendo con normalidade no PAVILLÓN DE PIÑEIROS dende o Venres 7 ata o Domingo 9 de Maio, ambos os dous inclusive.

As actividades retomaranse con normalidade o Luns 10 de Maio nos horarios habituais.

Desculpen as molestias.