Novas

Foto vencellada

Saudos a todolos RDPeros:

Coma cada fin de semana, os alumnos da EFS Río do Pozo desputaron os encontros correspondentes da liga. Esta foi a 9º semana de competición. Imos ver como lles foi.

Os prebenxamins xogaron co Materiales del Atlántico - O Parrulo "B". O resultado do encontro foi de 1-2 para a EFS Río do Pozo.

Os autores dos goles para o noso equipo foron Borja Landrove y Antón Carballido.

Otra gran xornada espectacular para os nosos Prebenxamins que non se cansan de mellorar e na cal viuse unha gran superioridade dos nosos, que unha xornada máis xogaron con moitas forzas e gañas. Noraboa a todo o plantel polo gran traballo que estan realizando.

Os benxamíns xogaron co Santa Mariña. O resultado do encontro foi de 6-1 para a EFS Río do Pozo.

Por parte do noso equipo marcaron Mati (2 goles), Migui (2 goles), Marcos e Luis.

Este partido tivo diferentes partes de xogo donde o encontro foi moi disputado por parte do Santa Mariña, equipo que intentou xogar e non so defender. Este resultado permite continuar no 2º posto, facendo unha boa competición que seguro tendrán a recompensa que se merecen.

Os alevíns xogaron co Pazos Vialca. O resultado foi de 0-12 para o Pazos Vialca.

O equipo notou en exceso as baixas, xa que so estiveron 5 alumnos dispoñibles para este encontro, o que facía enfrontar o encontro sen ningún cambio.

Moi destacable o sacrificio dos 5 xogadores que participaron en todo o encontro debido as innumerables baixas e excelente actitude do Pazos Vialca que tanto o seu adestrador M. Jose Aneiros coma o seu delegado Francisco Rodriguez, saberon transmitir os seus xogadores a delicada situación pola que pasaba noso equipo.

Os infantis xogaron co Roiba SB26. O resultado do encontro foi de 11-0 favorable o Roiba SB26. Sentimos non ofrecer máis datos deste encontro.

O proximo domingo teremos unha nova xornada de liga. Esperamosvos!!!


Foto vencellada

Saúdos a todos os RDPeros:

Case sen decatarnos, xa estamos a tocar poquito a pouco o fin de semana, o que quere dicir que teremos unha nova xornada de liga dos alumnos da EFS Río do Pozo.

Os prebenxamíns xogarán co Materiais do Atlántico - O Parrulo "B", ás 17:00 no Pavillón da Gándara (Narón).

Sobre o papel, a EFS Rio do Pozo é a favorita para levarse este choque, pero non se deben confiar, xa que os partidos para gañalos, hai que xogalos.

Cando remate este partido, ás 17:45, saltarán á pista os benxamíns. Xogarán co Santa Mariña.

Neste partido, tamén é a EFS Rio do Pozo a favorita, xa que os nosos alumnos son os 2º na clasificación e o Santa Mariña é 14º e aínda non sabe o que é a vitoria esta tempada. Pero volvo repetir o dito anteriormente, para gañar, hai que xogar.

Ás 18:00 no Pavillón do Ensanche, os nosos alevíns xogarán co Pazos Vialca.

Promete ser un partido igualado, e no cal, os nosos alevíns intentarán mostrar a súa melloría nas últimas semanas de campionato.

E ás 18:45, tamén no Pavillón do Ensanche, quenda para os infantís que xogarán co Roiba.

Neste partido parte como claro favorito o Roiba, que é o lider destacado da categoría e conta todos os seus partidos por vitorias.

Dende esta web animámosvos a todos os que poidades que visitedes os pavillóns para ver os partidos!!!

Moita sorte a todos os equipos!!! Vémonos na pista!!


Foto vencellada

Saúdos a todos os RDPeros:

Este domingo disputouse unha nova xornada de liga, a primeira deste 2010 para os alumnos da EFS Río do Pozo. Todos os partidos da nosa Escola se disputaron no Pavillón de San Valentín (Fene). Imos ver como lles foi os nosos equipos:

Os prebenxamíns xogaron co Aluminos Iglesias - Freixo. O resultado do encontro foi de 2-2.

O noso equipo contaba coa baixa de Adrián Paños. Unha xornada espectacular despois das vacacións, na cal se viu unha grande igualdade entre ambos os dous equipos, e na que hai que resaltar a gran forza e ánimo coa que xogaron os nosos prebenxamíns, que no primeiro tempo se puxeron por diante no marcador cun gran gol de Borja. Souberon manter o resultado ata o segundo tempo, no cal se viron sorprendidos por dous goles do equipo contrario, aínda que ao final, e unha vez máis, Borja conseguiu marcar o segundo e empatar o partido. Con este resultado, os prebenxamíns suman un punto máis, e soben á 13º posición con 4 puntos.

Por parte do noso equipo, marcou os dous goles Borja Landrove.

Os benxamíns xogaron co Optica Narón - Freixo. O resultado do encontro foi de 6-3 para a EFS Rio do Pozo.

Foi un partido moi disputado, sobre todo, na primeira parte e que se foi decantando pouco a pouco na segunda para os nosos alumnos. Partido moi traballado, pero sen xogadas expectaculares, propio dunha volta das vacacións, pero a actitude foi moi positiva. Con este resultado, a EFS Rio do Pozo suma 18 puntos e sobe ata o 2º posto na clasificación.

Marcaron para o noso equipo: Mati (2 goles), Luis, Diego, Miguel e Marcos.

Os alevíns xogaron co Pizza Tutto - Freixo. O resultado do partido foi de 12-3 favorable ao Pizza Tutto - Freixo.

Os alevíns contaron para este partido coa axuda dos benxamíns Marcos e Miguel. Na primeira parte, os nosos alumnos nunca estiveron no partido e que chegaron ao descanso co resultado de 10-0. Na segunda parte, a EFS Rio do Pozo foi a que dominou o partido logrando tres goles, dous de David e un de Marcos, e con grandes paradas de Abel, o que deixou o resultado no 12-3 final. Unha vez máis púidose comprobar as ganas que lle poñen os nosos alumnos nos partidos. Con este resultado, a EFS Río do Pozo mantense na 10º posición da táboa.

Os infantís xogaron co CMI Unidade de Fene. O resultado do partido foi de 2-3 para o CMI Unidade de Fene. Con este resultado a EFS Rio do Pozo mantense na 5º posición da táboa. Sentimos non poder ofrecer mais datos deste partido.

O próximo domingo gozaremos dunha nova xornada de liga. Esperámosvos!!!!


Foto vencellada

O Presidente de Clube Deportivo Río do Pozo convoca Asemblea Xeral Ordinaria de Socios/as para o próximo domingo 21 de Febreiro de 2010.

A Asemblea terá lugar en Narón na sede oficial do club situada no Local Social de Nelle, Estrada de Cedeira s/n sendo a primeira convocatoria ás 10:00 da mañá e a segunda convocatoria ás 10:30 horas.

A orde do día será o seguinte:

1. Informe tempada 2008/09
2. Presentación e aprobación, se procede, do balance económico da tempada 2008/09.
3. Presentación e aprobación, se procede, da memoria de actividades e presuposto de ingresos e gastos correspondente á tempada 2009/10
4. Renovación da Xunta Directiva do Club
5. Rogos e preguntas

NOTA: Hemonos visto obrigados a modificar o horario inicial, debido a coincidencia cos partidos de Alevíns e Infantís da EFS Rio do Pozo, que se disputarán o domingo pola mañá.


Foto vencellada

No día de hoxe, en cdriodopozo.com ofrecémosvos unha nova entrega da sección de entrevistas.

Nesta ocasión, temos o pracer de entrevistar a Jaime Domínguez, Director de Comunicación do CD Río do Pozo.

Dende aquí agradecemos a Jaime a súa participación e o seu colaboracíon nesta interesante entrevista.

(Entrevista realizada por Víctor Garrote e Adán Puentes para cdriodopozo.com)

1º ¿Cal é, brevemente, a túa experiencia profesional? Colaboras en algun outro tipo de asociación/entidade?

Fun informatico de todos os paus. Dende investigador na universidade ata director tecnico dunha television online pasando por tecnico de soporte. Agora mesmo dedícome ao desenvolvemento de proxectos Web e á consultoria informatica.

Colaboro, ademas de en RDP, coa Asociación de Jovenes Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal como secretario da J. Directiva e tambien como Vogal da Federacion Gallega de Xoves Empresarios (FEGAXE).

2º ¿Como foi a túa chegada a Clube Deportivo Rio do Pozo e que foi o que máis te atraeu do seu proxecto?

Obrigada, como todos, por Cali (risas) Atraeume a posibilidade de axudar nunha causa que é por e para os nenos. Os informaticos non é que teñamos moito trato cos mais pequenos no dia a dia da nosa profesion e esta era o xeito de achegar algo.

3º ¿Cal é o motivo polo que te enrolases no club?

Como xa dixen, Cali non me deixou opción (risas)

4º ¿Que importancia ten o proxecto de Comunicación que ti dirixes para Clube Depotivo Río do Pozo? ¿Que aspectos cres que se han de mellorar, a curto-medio prazo, nese proxecto de comunicación?

Creo que temos que facer ver a xente as principais diferenzas do noso clube. Que aqui o importante son os nenos e a súa aprendizaxe e non os exitos deportivos. É dificil conseguir transmitir este ou calquera mensaxe cun presuposto nulo pero ímolo intentando, no curto prazo cos medios dos que dispoñemos (web, facebook, boca a boca...) e no medio e longo... ¿quen sabe? ¿Convenios cos medios de comunicacion locais? Todo se andara.

5º ¿Traballas só á fronte do proxecto de Comunicación do club ou tes aliados contigo? ¿Que é o que máis entorpece o teu traballo?

No RDP ninguén traballa só. Eu teño a enorme sorte de ter a Adan, que mantén viva a web cos seus comentarios e entrevistas e a Carlos, que é o Caranceiro que escravizamos para que todas as semanas pique todos os resultados das ligas que se ven poden consultar na web.

Como sempre o maior problema é o tempo. Tempo para discutir con calma os proxectos, para coordinar o traballo entre todos... tempo sempre falta.

6º ¿Cal é o teu balance persoal destes catro primeiros anos de vida de Clube Deportivo Rio do Pozo? Cres que se cumpriron as expectativas?

Eu non estou dende o principio, pero dando un paso atras podemos ver que no equipo activo de xente que traballa para o club cada dia somos mais, cada dia hai mais categorias abertas de rapaces que o dan todo na pista... eu creo que non deixamos de crecer.

7º ¿Que importancia cres que ten un bo proxecto de comunicación na estrutura actual dun clube?

Como decia antes, RDP é un proxecto diferente onde prima o neno sobre o trofeo. É importante que, sendo este noso punto forte elixido a xente o saiba pois é onde nos diferenciamos dos demais. Se só se ven os numeros parecemos un club "malo" cando en realidade para o neno somos un club excelente.

8º ¿Cantas visitas recibiu este novo proxecto cdridopozo.com? ¿En que aspectos mellorou?

Dende que chegue e empece o laaaargo camiño de modernizar a web dunha ventá estatica que tenia que actualizarse de xeito tedioso a man ata o sistema actual onde hai unha aplicacion de gestion de campionatos e contidos pasaron case un ano. Agora a Web practicamente vai soa grazas a Adan e Carlos que o meten informacion continuamente.

En canto a numeros, os rexistros antigos falan de 100-200 usuarios mensuais con ata 200 visitas. Isto quere dicir que pouca xente entreba á web e que menos todavia "repetian". Agora temos sobre 800 usuarios unicos mensuais con 2000 visitas, e cada dia somos mais!

9º ¿Como cres que se percibe dende fóra todo o traballo que se realiza no proxecto de Comunicación?

Esa sempre é a gran dúbida de todo responsable de comunicacion e é o "publico" quen debe contestala. Pero aos nosos RDPeros non lles gusta o foro;-)

10º Imos a falar un pouco da parcela deportiva, coma seguidor ¿Que sentes cando ves xogar os alumnos da nosa escola?

Séntome orgulloso de como se esforzan e como melloran en cada partido.

11º ¿Que lle dirias a todas aquelas persoas que quixeran colaborar, dunha ou outra forma, no proxecto de Comunicación do club?

Que falen con Cali! se tenian dúbidas él llas despexará rapidamente!

12º Agora imos a entrar no territorio persoal, xa que non todo é fútbol sala:

- Unha cor:

Azul

- Un equipo:

RDP (obvio), Racing (manque perda), Celta de Vigo

- Unha afección:

Todo o que ten botóns

- Unha cadea de televisión:

Apenas vexo a tele, Intenet ten mais onde zapear

- Unha emisora de raio:

Spotify :P

- Unha película:

Tipica pregunta que cada vez que che fan dis unha cousa diferente... hoxe toca... mmm... "O Golpe" de Redford e Newman

- Un lugar para irse de vacacións:

Tokyo claro.

- Unha comida:

Sushi, para non me saír do rol.

- Un lugar para escapar:

Akihabara pola noite!

13º Queres engadir algo mais para así finalizar a entrevista?

Sip, que todo proxecto de comunicacion 2.0 se basea na interaccion da xente. XENTE INTERACTUAR! Mandade correos, fotos, videos, escribide no foro... :D