Novas

Foto vencellada

No día de hoxe, en cdriodopozo.com ofrecémosvos unha nova entrega da sección de entrevistas.

Nesta ocasión, temos o pracer de entrevistar o Presidente do CD Río do Pozo, Carlos Ibán Díaz Doce.

Dende aquí, agradecemos ao Presidente a súa participación e a súa colaboración nesta interesante entrevista.

(Entrevista realizada por Adán Puentes para cdriodopozo.com)

1º ¿Cantos anos levas no club?

Esta é a terceira tempada, dous anos xa que mirando atrás se antollan eternos e mirando cara a diante unha nimiedade

2º ¿Como chegaches ao CD Río do Pozo?

Por culpa dun liante que me tradeou todas as veces que me viu e o segue facendo, o que pasa é que agora son eu o que intenta "sumar xente"

3º ¿Porqué decidiches asumir a presidencia?

A verdade é que foi unha situación de baleiro de poder. Eu era responsable de mercadotecnia e a verdade tal e como estaban as cousas era o que máis tempo tiña para dedicarlle a escola. Non somos moito os implicados no proxecto e asumino. A verdade é que agora me alegro desa decisión e non me arrepinto para nada.

4º ¿Cuales foron os avances do club neste período?

O avance é o que os nenos nos ofrecen todos os días, o que cada vez sumamos máis xente e que este proxecto se vai consolidando pouco a pouco. Quizais agora somos máis flexibles en certas cousas pero débese a que nos estamos a rescatar.

5º ¿Como ves, dende todos os aspectos, ao CD Río do Pozo nesta tempada?

No aspecto deportivo estou satisfeito en canto que conseguimos sacar 4 equipos e que a día de hoxe, aínda sumamos nenos. Preocupado por non poder atender a tantas cousas como quixeramos ou da debida forma, principalmente por falta de xente Pero optimista porque imos sacar adiante este proxecto "diferente" coa axuda de todo o grupo.

No extradeportivo é todo máis complicado, hai moitas cousas ás que atender e pouca xente disposta a colaborar de forma desinteresada, pero temos a sorte de que quen o fai se entrega ao máximo e que temos uns pais pacientes e comprensivos, case sempre.

6º ¿Que apoios recibe o CD Río do Pozo?

Os apoios que recibimos son principalmente a dos nosos patrocinadores que son os que asumen xunto, cos pais e os socios os gastos do club. O concello de Narón deunos por primeira vez o ano pasado unha pequena subvención. De todos os xeitos aínda temos equipos sen patrocinadores e as portas abertas a todos aqueles que queiran botar unha man.

7º Nesta tempada, tamén estas asumindo a Dirección da Escola de Fútbol Sala ¿Que expectativas tes cos equipos do club?

As expectativas son sempre as mesmas: a aprendizaxe a través do xogo, a igualdade de oportunidades. O desfrute da práctica deportiva. Creo que gañar ha de ser consecuencia de facer as cousas ben, pero só é unha parte de todo o que rodea ao fútbol sala e ao deporte en xeral

8º E se todas estas tarefas non fosen poucas, tamén adestras o equipo biberón da escola ¿Que tal esta experiencia cos mais peques do club?

Esa é a tarefa máis gratificante de todas, o ter a esas pequenas xoias e poder divertirme con eles cada sábado compensa o traballo realizado. Iso é a esencia do deporte, o único que vale é xogar, o resto vén dado

9º Agora entremos no territorio persoal, xa que non todo é fútbol sala:

- Unha cor: Laranxa
- Un equipo: Río do Pozo
- Unha afección: A ruidosa
- Unha cadea de televisión: picando cousiñas en todas as cadeas
- Unha emisora de raio: SER e Radio Marca
- Unha película: Mellor Imposible
- Un lugar para irse de vacacións: Calquera sitio na costa Norte de Galicia
- Unha comida: Polbo
- Un lugar para escapar: Lonxe

10º ¿Queres engadir algo mais para así finalizar esta entrevista?

Só agradecementos. A todos aqueles que, de forma totalmente desinteresada, está a traballar día a día para este proxecto.

Aos nosos patrocinadores, sen os que isto sería imposible, a todos os socios do club, aos pais e sobre todo aos nenos que é polo que realmente paga a pena esforzarse.


Foto vencellada

Saúdos a todos os RDPeros:

Tras tanto tempo de espera, estamos na última xornada antes do Nadal. Que ganas de irnos todos de vacacións? A que si? Pero antes de que aos nenos lles dean as notas nos colexios, temos unha nova xornada de liga este domingo.

Os prebenxamíns xogarán ás 17:15 no Pavillón de San Valentín. Xogan co Animas.

Os alumnos da EFS Río do Pozo non terán un partido doado, xa que se enfrontarán ao segundo clasificado da liga e é un dos equipos mais goleadores da liga. O noso equipo mostrará neste partido todos os progresos que vai sumando semana a semana.

Os benxamíns xogarán ás 18:00 no Pavillón de San Valentín. Xogan co CMI Unidade de Fene.

Sobre o papel, debería ser un partido doado para os alumnos da EFS Río do Pozo, pero non hai que confiarse, porque no que levamos de liga hai equipos que deron a sorpresa e hai equipos que sufriron esta sorpresa. Unha vitoria dos nosos alumnos, permitiríalles seguir loitando nas posicións de cabeza.

Os alevíns xogarán ás 18:30 no Pavillón de A Malata. Xogan co Amistade Meiras.

Aínda que o Amistade Meirás parta como favorito neste choque, non debemos de descartar nada, xa que os progresos dos alumnos da EFS Río do Pozo cada vez son mais notorios e os resultados poden estar a caer.

Os infantís xogarán ás 19:15 no Pavillón de A Malata. Xogan co Materiales del Atlántico - O Parrulo "A".

Esperemos que os alumnos da EFS Río do Pozo puidesen recargar as pilas tras o descanso da semana pasada. En fronte terán o 2º clasificado da liga, o cal non lles poñerá as cousas nada doadas.

Dende esta web animámosvos a todos os que poidades que visitedes os pavillóns para ver os partidos!!!

Moita sorte a todos os equipos!!! Vémonos na pista!!


Foto vencellada

Saúdos a todos os RDPeros:

Os nosos amigos e amigas do Comarcal A Fervenza FSF de Narón realizarán unha Recollida de Xoguetes solidaria.

Será este venres 18 de decembro, de 19:00 a 21:00 no Pavillón Municipal de Neda.

Dende o Comarcal A Fervenza FSF invítannos a todos os que queiramos a contribuír nesta recollida de xoguetes, colaborando con eles, levando un xoguete este venres ao Pavillón de Neda.

Durante a recollida de xoguetes, na pista do pavillón, realizásense varios partidos entre todos os integrantes de todas as categorias do Comarcal A Fervenza FSF: Autonómica Sénior, Provincial Sénior, Cadete, Infantil e Benxamin, nun partido sen precedentes.

Dende cdriodopozo.com animámosvos a participar nesta iniciativa, xa que nestas datas tan especiais como son o Nadal, hai moitos nenos que poden quedar sen un regalo, así que esta recollida de xoguetes é un granito de area para evitar que isto suceda.

Podes ver a noticia na web do Comarcal A Fervenza: www.afervenzafsf.tk


Foto vencellada

Saúdos a todos os RDPeros:

Penúltima xornada deste ano 2009, cada vez queda menos para irnos todos de vacacións, pero para iso aínda temos que esperar uns cantos días. Así que mentres esperamos, aquí vos deixamos o resumo dos partidos dos equipos da EFS Río do Pozo deste fin de semana:

Os prebenxamíns xogaron co Materiais de Atlántico - O Parrulo "A". O resultado do partido foi de 13-0 favorable ao Parrulo "A".

O equipo contou coa baixa de Adrián Paños. Do partido podemos destacar a gran superioridade do O Parrulo "A", que non deron tregua en todo o partido. Temos que resaltar as grandes intervencións do noso porteiro, Andrei, que realizou un partido excelente e que foi o mellor da EFS Río do Pozo.

Os benxamíns xogaron coa A Solaina "A". O resultado do partido foi de 2-4 favorable á EFS Río do Pozo.

Foi un partido de altibaixos no que a EFS Río do Pozo empezou gañando grazas a un gol de Marcos, pero ao pouco tempo A Solaina "A" daba a volta ao partido poniendose 2-1. Na segunda parte os alumnos da EFS Río do Pozo remontaron grazas a dous goles de Diego e un de Miguel.

Con este resultado, os benxamíns continúan nos postos de cabeza na clasificación.

Os alevíns xogaron co Materiais do Atlántico - Ou Parrulo "B". O partido finalizou co resultado de 0-12 favorable ao Parrulo "B".

Neste partido participaron os benxamíns Miguel e Marcos, que sempre estan dispostos a axudar aos seus "irmáns maiores".

A primeira parte foi moi igualada e se chegou co resultado de 0-3. Na segunda parte o cansazo e algun pequeno erro fixo que o resultado se ampliase ata o 0-12.

Unha semana mais, os alevíns deron un pequeno paso cara a diante e continúan aprendendo semana a semana.

O próximo domingo gozaremos dunha nova xornada de liga. Esperámosvos!!!!


Foto vencellada

Arranca unha nova sección en cdriodopozo.com, as entrevistas.

Por esta sección pasarán moitos integrantes do CD Río do Pozo e outras persoas que tiveran relación co clube nas tempadas anteriores.

Para inaugurar esta sección, entrevistamos a Víctor Garrote, socio fundador do CD Río do Pozo e que actualmente é o Vicepresidente e Xestor do clube.

Dende aquí, agradecemos a Víctor a súa participación e colaboracíon nesta interesante entrevista.

(Entrevista realizada por Adán Puentes para cdriodopozo.com)

1º ¿Cal é a túa traxectoria deportiva?

Pois empecei no 2004 como delegado da Agrupación Deportiva Sartaña (un club dun barrio de Ferrol con sección de fútbol sete, once e fútbol sala) e levando o equipo alevín (nenos de dez e once anos) da sección de fútbol sala. Tres tempadas en total na Agrupación e de onde me queda un moi bo recordo.

Dende Outubro de 2006, e salvo unha pequena pausa de catro meses, sempre traballando para Clube Deportivo Río do Pozo:
Auxiliar, Delegado, Adestrador, Tesoureiro, Administrador web, Director e Coordinador de Escola. Tapando descosidos como eu digo.

Iso a nivel de clubs; a nivel de empresas toda a miña experiencia é como vendedor deportivo: ás veces traballando en "multimarca" e outras para unha única firma. Algunha que outra experiencia tamén colaborando na organización de eventos deportivos e noutros casos asumindo a organización deles. En fin, un pouco de todo.

2º Como un dos socios fundadores do club ¿Como xurdiu o CD Río do Pozo?

Pois seguramente que a todos vos resulte curioso ler isto, pero a primeira inquietude por Clube Deportivo Río do Pozo naceu na barra dun bar intentando enredar un bo amigo, tan vinculado como eu ao fútbol sala, para que formase comigo un club de categorías base. A el non o convencía a idea pero eu ía "enfermando" a medida que o falaba con el. Cando chegue á casa, senteime diante do ordenador e empecei a redactar mil ideas de como sería ese posible club. O esa loucura mellor dito.
Esa noite, recordo, que me quedara ata as tantas esperto e sentado diante do ordenador.

A partir dese día, o 23 de Xuño de 2005, día das Cacharelas de San Juan, por iso recórdoo, comezou a xerarse o club pero non foi ata o 1 de Outubro de 2006 cando se asinou a acta fundacional e o compromiso dos cinco socios fundadores para constituír Clube Deportivo Río do Pozo.

Entre esas datas mil cousas pasaron: dende querer dar por vencido pola falta de apoio, dende sumar novos membros que me animaban un pouco máis a seguir, valorar a posibilidade dunha posible "fusión"con outro club da comarca, a barallar a posibilidade de continuar no club no que estaba. Ao final decidín continuar en solitario.

Así ata Xuño de 2006, na que encontrei unha das persoas que máis creron neste proxecto e que probablemente foi o impulso de motivación que necesitaba para non me render. Esa persoa foi Jose Luis Sequeiro, que máis tarde se converteu en socio fundador do club, e que dende ese mes de Xuño de 2006 e ata o mes de Outubro traballou, xunto a todo o grupo que formabamos os socios fundadores, para formar o proxecto que ao final conseguimos sacar adiante. Por suposto, ese club non é o que hoxe é Clube Deportivo Río do Pozo. O que se fixera non era máis que unha primeira pedra.

E a partir desa data, 1 de Outubro de 2006, o que todos coñecedes: formación do pre-benxamín ("Os Fundadores"), formación do biberón, creación da páxina web e un longo etcétera ata hoxe.

3º Que diferenzas notas daquel primeiro proxecto en Outubro de 2006 ao actual?

En canto ao deportivo e aínda que me custe dicilo: o profundo respecto ao neno e ás súas etapas de aprendizaxe. Que segue sendo un dos nosos piares pero que naceu sendo dunha forma moito máis esixente do que o é hoxe. Quizais non sexa a diferenza máis notable pero si a que máis boto en falta.

4º Cuales foron os avances do club neste período?

Sinxelamente creo que pasamos de ser un conxunto de persoas que traballabamos para que 15-20 nenos puidesen xogar e aprender o deporte do fútbol sala a converternos nun CLUB. Un club pequeno, cunha estrutura moi pequena pero un club a fin de contas cunha forma propia de xestionar as nosas actividades e de administrar os nosos recursos.

Os cambios máis destacables dende o meu punto de vista:

- A figura do delegado. Que cobrou moita relevancia e é agora peza fundamental na estrutura da Escola.

- A Área de comunicación. Que non é, nin por asomo, o que era en Xaneiro de 2007.

- A Presidencia. Contamos cun Presidente moi vinculado ao club e con grandes dotes de liderado.

5º Ata a tempada pasada, asumiches as funcións da Dirección da Escola de Fútbol Sala como cualificarías esta experiencia?

Como experiencia, tremendamente boa, como son para a miña case todas as experiencias no mundo do deporte pero si que é certo que tiven grandes dificultades.

Entre elas:

- A dificultade de defender un proxecto deportivo baseado na educación (polo menos na forma que o facía) e no seu fomento.

- A dificultade de defender un proxecto deportivo baseado no xogo e como consecuencia en aprendizaxes lentas pero, dende o meu punto de vista, fortemente consolidadas.

- A falta de dispoñibilidade que tiña, en gran parte desa etapa, para traballar cos meus compañeiros.

En definitiva, que me levei desa etapa grandes cousas aprendidas pero sobre todo unha: que para dirixir hai que convencer e que para convencer hai que demostrar. Ningunha sen a outra.

6º Esta tempada realizas as funcións de Vicepresidencia e Xestión do club ¿Cal é o teu traballo no día a día?

Pois como sabes actualmente camiñamos cara a unha reestruturación do club e nesa nova estrutura terei esa nova posición e esas novas funcións que comentaches. Pero a pregunta era hoxe. E hoxe vivimos plenamente nesa reestruturación e ningunha das miñas tarefas, ou case ningunha, relaciónanse ás de xestión.

Sinxelamente, trato de botar unha man en todo o posible para chegar do mellor xeito a esa re-estruturación.

7º ¿Que lle dirías aos pais e nais dun neno se quixesen matricular o seu fillo na Escola de Fútbol Sala?

O meu consello foi sempre que determinen claramente cal é o tipo de educación deportiva que queren para o seu/s fillo/s. Dende os clubs propóñense diferentes tipos de educación e a que a nosa Escola de Fútbol Sala propón é a baseada na igualdade de oportunidades.

Sinxelamente ese é o meu posicionamento: que os clubs somos algo máis que "equipos" de fútbol sala, que somos estilos de educación, e que o pai ou a nai ha de decidirse por un ou outro tipo. A nosa educación, a que nós propoñemos, como xa dixen, a baseada na igualdade de oportunidades.

8º Na relación con outros clubs, ¿Como perciben eles a filosofía da Escola?

Hoxe creo que existe, polo menos por gran parte dos que viven un pouco máis de preto o deporte (deportistas, adestradores, directivos, etc..), un xeneral recoñecemento pola forma de traballo do noso club. Pero non sempre foi así. Outras veces confundiuse esta peculiar forma de traballar con "o conformismo" e mesmo con "o derrotismo" e non son, nin teñen sido nunca, valores que defenderon este club. Todo o contrario.

9º Agora entremos no territorio persoal, xa que non todo é fútbol sala:

- Unha cor:

Véxoo todo laranxa.

- Un equipo:

Clube Deportivo Río do Pozo.

- Unha afección:

A poceira.

- Unha cadea de televisión:

Río do Pozo TV. Crecinme. Teledeporte.

- Unha emisora de radio:

Non temos radio aínda.

- Unha película:

Furacán Carter

- Un lugar para irse de vacacións:

O Feal (Narón).

- Unha comida:

A que queiras. Invítame.

- Un lugar para saír:

Narón. Sempre, Narón.

10º ¿Queres engadir algo máis para así finalizar a entrevista?

Simplemente agradecer:

- A todo o que dedicou dende un minuto do seu tempo a Clube Deportivo Río do Pozo e moi especialmente a todos os que hoxe traballan día a día para que este proxecto siga vivo.

- A todos os pais dos nosos alumnos por confiar no noso novo grupo de traballo a educación deportiva dos seus fillos.

- Aos nosos alumnos, polo estupendo grupo humano que forman en todas as súas categorías e o agradecidos que son con todos nós.

- Ao noso actual Presidente, Carlos Iban Díaz Doce, xa que sobre el caeu durante os últimos meses todo ou gran parte do peso do club e o soubo e o está a saber levar dun xeito abraiante.

- A ti, Adán, por ti dedicación, por ti esforzo e por impulsar o fútbol sala da forma que o fas.

- Aos meus, que teñen unha paciencia infinita soportando todas as miñas loucuras.

Remato cun lema (ou unha ameaza como ao meu me gusta dicir) co que naciamos alá por Outubro de 2006 e que dedico a todo aquel que se ve contrariado coa nosa forma de traballar: E é que "Nacemos para ser diferentes".