Novas

Foto vencellada

Saúdos a todos os RDPeros:

Temos un novo fin de semana á volta da esquina, o que quere dicir que teremos un novo domingo de partidos. Este domingo teremos unha nova xornada de Copa, a cal inician os alumnos da categoría alevín.

Os prebenxamíns xogarán co Amistade Meirás "A", ás 17:15, no Pavillón Campo da Serra (Santa Icia). Os nosos alumnos intentarán realizar un bo partido para así intentar levarse a vitoria e con iso, loitar para clasificarse para a fase final.

Os benxamíns xogarán co Amistade Meirás, ás 18:00, no Pavillón Campo da Serra (Santa Icia). Partido importante para os nosos alumnos, xa que unha vitoria case os clasificaria para a fase final da Copa. O Amistade Meirás non poñerá o partido doado e irá a gañalo e con iso, darlle máis emoción ao grupo.

Os alevíns inician a Copa co Materiales del Atlántico - O Parrulo "A", ás 18:30, no Pavillón de A Gándara (Narón). Os nosos alumnos quererán empezar a Copa con bo pé e facer unha boa actuación ante O Parrulo "A" e saír satisfeitos do encontro.

Os infantís xogarán co Materiales del Atlántico - O Parrulo "B", ás 19:15, no Pavillón de A Gándara (Narón). Sobre o papel, O Parrulo "B" é o favorito para levarse o encontro, pero os nosos alumnos non lles poñerán as cousas doadas e intentasen facer un bo partido e con iso, arrepor no encontro.

Dende esta web animámosvos a todos os que poidades que visitedes os pavillóns para ver os partidos!!!

Moita sorte a todos os equipos!!! Vémonos na pista!!


Foto vencellada

A Dirección da Escola de Fútbol Sala Río do Pozo convoca a todo o seu Corpo Técnico (adestradores, delegados e auxiliares) para unha reunión que se celebrará no seguinte lugar, data e horario:

Lugar:
Sede do club
Local Social de Nelle, Estrada de Cedeira, s/n 15578, Narón

Data:
Martes 27 de Abril de 2010

Hora:
20:30 horas

Os asuntos a tratar na devandita reunión serán os seguintes:

- Entrega, por parte do adestrador de cada equipo, das sesións de adestramento levadas a cabo durante o mes de Abril.
- Entrega, por parte do delegado de cada equipo, dos controis de asistencia dos alumnos durante o mes de Abril.
- Entrega, por parte do delegado de cada equipo, dunha ficha onde se detallen todos os inconvenientes que existen en cada un dos equipos que conforman a Escola de Fútbol Sala e co fin de poñelos solución conxunta.

Prégase que por motivo de calquera ausencia ou impuntualidade dos convocados se avise con, polo menos, 24 horas de antelación ao Presidente do club e a través de calquera das seguintes formas:

- Teléfono de contacto: 663 323 202
- Correo electrónico: presidencia@cdriodopozo.com

Lugar, data e hora onde se celebrará a próxima reunión do Corpo Técnico da Escola de Fútbol Sala Río do Pozo:

Mércores, 26 de Maio de 2010, ás 20 horas na Sede do club.

Grazas pola vosa atención.


Foto vencellada

Saúdos a todos os RDPeros:

O pasado domingo, tivemos unha nova xornada de competición para os alumnos da EFS Río do Pozo. Os alumnos das categorías prebenxamín e benxamín disputaron a segunda xornada de Copa, mentres que os alevíns disputaban a última xornada de Liga e os infantís descansaban.

Os prebenxamíns xogaron co Materiales do Altántico - O Parrulo "A", no Pavillón de A Malata. O resultado do encontro foi de 0-14 favorable ao O Parrulo "A".

Os nosos alumnos empezaron ben o encontro, e durante os primeiros 10 minutos foron igualados cos Campións de Liga. Pero a partir deste momento, os nosos alumnos caéronse tanto física coma moralmente e encaixamos goles ata chegar ao resultado final.

Nuestos alumnos realizaron unha boa actuación ante un dos equipos con máis nivel nesta categoría.

Os benxamíns xogaron co Materiales do Atlántico - O Parrulo "B", no Pavillón de A Malata. O resultado do encontro foi de 8-2 favorable á EFS Río do Pozo.

O partido empezaba ben no resultado, pero non no xogo, con moitos desacertos de cara a portaría a pesar das abundantes chegadas. Unha primeira parte bastante apertada, como vén sendo habitual ultimamente, moi igualada no marcador, xa que chegou a empatar o equipo contrario. Na segunda parte, cun xogo máis fluído se foi decantando para a EFS Rio do Pozo ata chegar ao 8-2.

Marcaron por parte da EFS Río do Pozo: Xavi (3 goles), Mati (2 goles), Luis, Sergio Vilariño e Diego.

Os alevíns xogaron co Pazos Vialca, no Pavillón de A Gándara (Narón). O resultado do encontro foi de 7-0 favorable ao Pazos Vialca.

Cando teñamos os datos deste partido proporcionarémosvolos.

O próximo domingo gozaremos dunha nova xornada de liga. Esperámosvos!!!!


Foto vencellada

Saúdos a todos os RDPeros:

Estamos a xoves, o que quere dicir que é día da previa. Este domingo teremos a segunda xornada de Copa nas categorías prebenxamín, benxamín e infantil e a última xornada de Liga na categoría alevín. Imos ver que temos por diante este domingo:

Antes de nada, temos que dicir que os alumnos da categoría infantil non disputarán partido este fin de semana, xa que lles toca por calendario a xornada de descanso.

Os prebenxamíns xogarán co Materiales del Atlántico - O Parrulo "A", ás 17:00, no Pavillón de A Malata. Partido complicado para os nosos alumnos, xa que se enfrontan cun dos equipos máis fortes da competición. A pesar disto, intentarán mostrar todos os seus progresos nas últimas semanas para así realizar un bo partido.

Os benxamíns xogarán co Materiales del Atlántico - O Parrulo "B", ás 16:15, no Pavillón de A Malata. Enfróntanse, sobre o papel, neste partido o 1º e 2º de grupo, pero coas estadisticas da tempada na man, a EFS Río do Pozo parte como favorita, xa que lograse impoñerse no partido de Liga e en principio, non tería que ter problemas para levarse o encontro. Iso si, como digo sempre, os partidos hai que xogalos.

Os alevíns xogarán co Pazos Vialca, ás 17:45, no Pavillón de A Gándara (Narón). Xornada de clausura da Liga, ante un Pazos Vialca que parte como favorito, xa que o partido da primeira volta gañase por 0-12. A pesar disto, os nosos alumnos intentarán dar a boa imaxe das últimas xornadas e con iso realizar unha boa actuación.

Dende esta web animámosvos a todos os que poidades que visitedes os pavillóns para ver os partidos!!!

Moita sorte a todos os equipos!!! Vémonos na pista!!


Foto vencellada

Saúdos a todos os RDPeros:

Tras o parón polas vacacións de Semana Santa, o pásado domingo, os alumnos da EFS Río do Pozo volveron á competición. Neste caso os alumnos das categorías prebenxamín, benxamín e infantil empezaban coa Copa, mentres que os alevíns disputaron a penúltima xornada de Liga. Imos ver como lles foi:

Os prebenxamíns xogaron co Aluminios Iglesias/Freixo. O resultado do encontro foi de 2-0 favorable ao Aluminios Iglesias/Freixo.

Neste encontro, aos nosos alumnos víronselles moi metidos no partido e xogaron a un gran nivel, ben colocados no campo e opoñendo unha gran resistencia ao contrario. Todo este esforzo non valeu para evitar que nos marcasen 2 goles no primeiro tempo, pero os nosos nenos gozaron moito xogando.

Os benxamíns xogaron co A Solaina "B". O resultado do encontro foi de 5-3 favorable á EFS Río do Pozo.

Os nosos alumnos tardaron catro minutos en abrir o marcador e aos dez xa ían gañando 2-0, pero volveron ter problemas, xa que A Solaina "B" conseguiu empatar o encontro. Na segunda parte a EFS Río do Pozo conseguiu poñerse por diante, pero rapidamente volvéronnos empatar. Nos últimos minutos nosos alumnos conseguiron impoñerse e deixar o partido co resultado de 5-3. Os nosos alumnos xogaron ben por refachos nun partido con moitas faltas e moi disputado. Por parte da EFS Rio do Pozo marcaron Marcos (2 goles), Mati (2 goles) e Migui.

Os alevíns xogaron co Pizza Tutto/Freixo. O resultado do encontro foi de 10-1 favorable ao Pizza Tutto/Freixo.

Orgullo. A única palabra que define o estado do club cos nosos rapaces. Orgullo de plantarlle cara a un rival, o Pizza Tutto/Freixo, que se encontra clasificado en cuarta posicion a pesar de contar o noso equipo con só 5 xogadores. Orgullo de non baixar nunca os brazos e non dar nin un só balon por perdido. O partido estivo marcado dende un principio pola ausencia de xogadores no banco para substituír os xogadores de pista. Os nosos 5 valentes xogadores, Abel, Alex Fernandez, Alex Calvo, David e Adrian "suaron" mais que nunca a camiseta laranxa, coberturas, presion e saíndo con balón controlado e cunhas ganas imposibles de superar fan que nos teñamos que sentir orgullosos deles.

Os infantís xogaron co Roiba SB26. O resultado do encontro foi de 9-0 favorable ao Roiba SB26. Sentimos non ter mais datos deste encontro.

O próximo domingo gozaremos dunha nova xornada de liga. Esperámosvos!!!!