Novas

A escola de fútbol sala Río do Pozo celebrará, un ano máis, a sua festa fin de temporada con unha merenda no pavillón de Piñeiros onde todolos poceiros compartiremos un rato agradable e comentaremos as experiencias da temporada.
Lugar: Pavillón de Piñeiros
Data: Venres, 9 de Xullo de 2010
Hora: 19:30 – 22:00
Como tamén é habitual no fin de curso debese devolve-ña indumentaria dos alumnos.
Máis detalles: Circular Fin de Curso

A Dirección da Escola de Fútbol Sala Río do Pozo convoca aos seus Coordinadores dos diferentes ciclos para unha reunión que se celebrará no seguinte lugar, data e horario:
Lugar: Sede do club - Local Social de Nelle, Estrada de Cedeira, s/n Narón
Data: Mércores, 30 de Xuño de 2010
Hora: 20 horas
Os asuntos a tratar na devandita reunión serán os seguintes:
- Entrega, por parte de cada Coordinador, das planificacións pedagóxicas para cada unha das categorías formativas da Escola de Fútbol Sala para a próxima tempada.
- Entrega, por parte de cada Coordinador, dunha sesión-tipo de adestramento para cada unha das categorías.
- Entrega, por parte de cada Coordinador, dunha relación onde se detalle o material necesario para o desenvolvemento das actividades de cada un dos Ciclos Formativos detallando número de unidades, características, cor e demais características necesarias.
- Pechar, de forma definitiva, os horarios de adestramentos para a próxima tempada.
Prégase que por motivo de calquera ausencia ou impuntualidade dos convocados se avise con, polo menos, 24 horas de antelación ao Director da Escola e a través de calquera das seguintes formas:
- Teléfono de contacto: 639 946 888
- Correo electrónico: presidencia@cdriodopozo.com
Lugar, data e hora onde se celebrará a próxima reunión do Corpo Técnico da Escola de Fútbol Sala Río do Pozo:
Mércores, 28 de Xullo de 2010, ás 20 horas na Sede do club.
Grazas pola vosa atención.

A Dirección da Escola de Fútbol Sala Río do Pozo convoca a todolos pais dos nosos/as alumnos/as para unha reunión que se celebrará no siguinte lugar, data e hora:
Sede do clube: Local Social de Nelle, Estrada de Cedeira, s/n - Narón
Fecha: Luns, 28 de Xuño de 2010
Hora: 20:15
A finalidade desta reunión é informar a todolos pais e nais dos nosos alumnos sobre o viaxe de fin de curso que os nosos alumnos disfrutarán os próximos días 1,2,3 y 4 de Xullo a la localidade asturiana de Tineo para participar no XV Torneo Nacional de Base de dita localidade.
Acompañamos a esta noticia os seguintes documentos:
- Circular informativa que se fará entrega en dita reunión de forma impresa.
- Autorización paterna que será requisito indispensable para participar en dita actividade. Dita autorización terá que ser entregada de forma previa á saida hacia Tineo.
Descárgatelo: Descárgatelo: Circular informativa e autorización
Para calquera consulta, dubida ou suxerencia facilitamos duas formas de contacto:
Correo electrónico: presidencia@cdriodopozo.com
Teléfono: 639 946 888
Nota:
Os entrenamentos de todalas categorías da Escuela de Fútbol Sala Río do Pozo veranse suspendidas a partires do Luns 28 de Xuño (inclusive).

Despois de catro anos de vida a Escola de Fútbol Sala Río do Pozo dá un novo impulso ao seu proxecto deportivo formando a que será a súa categoría cadete. Unha categoría cadete masculina que, formada por rapaces de 14 e 15 anos, e dirixido polo noso corpo técnico pretende participar, aínda que sempre en función do grupo definitivo que se forme, na competición autonómica organizada pola Federación Galega de Fútbol Sala.
Unha competición que será un especial aliciente para os nosos alumnos e para aqueles rapaces que se incorporen á Escola xa que se verán especialmente atraídos pola práctica do fútbol salga a un alto nivel e pola súa práctica nun club que, independentemente da competición na que participe, seguirá apostando por esa esixente igualdade de oportunidades que caracteriza a Clube Deportivo Río do Pozo.
E é por iso polo que facemos este llamamiento.Si gústate o fútbol sala, se naciches nos anos 1995 e 1996, queres unirte a este proxecto e seguir formándote neste apaixonante deporte non dubides en contactarnos. Estámoste a esperar.
- Contacto:
Javier Leira
Coordinador
Tlfno: 663 323 202
Correo Electrónico: efsriodopozo@cdriodopozo.com

Os nosos benxamíns RDP participarán a próxima semana (19 e 20 de xuño), no V TORNEO DE FÚTBOL SALA DE BASE "CIDADE DE BETANZOS."
Este torneo é organizado pola ACD Troula fútbol sala e A.C.D. Las Cascas, en colaboración co Excelentísimo Concello de Betanzos e celebrarase no pavillón Municipal de Betanzos que ten unha capacidade capaz de acomodar 500 persoas.
O torneo será realizado en dúas fases: a primeira fase de tres grupos de tres equipos cada un dos cales clasificaranse para as semifinais os tres líderes do grupo e o mellor segundo clasificado.
A fase de grupos xogarase o sabado de 9 da maña ata ben psadas as 11 da noite. As semifinais disputaranse na maña do domingo e a final celebrarase as 4 da tarde en categoría benxamín e as 5 da tarde en categoría alevín.
A entrega de trofeos, onde agardamos ver os nosos campións recollendo a copa, efecturase as 6 da tarde.
Adiante benxamíns!!
15 junio, horarios actualizados: Descargar calendario completo
















