22.12.2009 Sábado 26: Gran Derbi 2009

Saúdos a todos os RDPeros:
O próximo sábado 26 de decembro, a EFS Río do Pozo organizará, como é habitual nestas datas do Nadal, unha nova edición do Gran Derbi.
Para os que aínda non o saiban, o Gran Derbi é unha xornada de convivencia entre todos os nosos alumnos e os seus pais. Para iso, os alumnos de todas as categorías da EFS Río do Pozo xogarán co equipo formado polos seus pais e nais.
Todos os partidos desta edición do Gran Derbi se celebrarán no Pavillón de Piñeiros.
Os primeiros en xogar serán os infantís que xogarán ás 10:30. Neste partido, os mais maiores da escola intentarán superar, custe o que custe, o equipo dos pais.
Ás 11:15 xogarán os alevíns. Os alevíns teñen que revalidar a vitoria da última edición do Gran Derby, pero damos por seguro que os pais e nais intentasen quitarse a espiña.
A continuación, ás 12:00 xogarán os benxamíns. Aquí a historia é ao revés, os benxamíns intentarán superar o equipo dos pais e nais que tanta pelexa lles deu no último enfrontamento.
E por último, ás 12:45 xogarán os prebenxamíns e biberóns. Os mais peques da escola intentarán demostrar todo o que saben facer ante o conxunto formado polos pais e nais. Intentarán custe o que custe a vitoria. Espérase que este sexa un partido do mais entretido.
Por se non quedara claro antes, o sábado van saltar moitas faíscas no Pavillón de Piñeiros!!
Esperámosvos a todos!! Non nos faltedes!!!
















