22.12.2009 Diego convocado coa Selección Ferrolana

A Escola de Fútbol Sala Río do Pozo congratúlase da convocatoria do noso alumno Diego González, como un dos integrantes da Selección Ferrolana de Fútbol Sala, en categoría benxamín.
A Direccion de la Escuela celebra esta noticia porque Diego é un dos nosos "fundadores" e nestes tres anos vimos como ía crecendo e como ía mellorando día a día.
Esta é a primeira vez que un alumno da Escola de Fútbol Sala Río do Pozo é convocado para a Selección Ferrolana pero este éxito é tamén de todos os seus compañeiros e monitores, que contribuíron dunha ou outra forma no seu progreso e fixeron posible esta convocatoria.
Esperemos que esta convocatoria de Diego González sexa a primeira de moitas dos nosos alumnos da Escola.
















