26.12.2009 Resumo da xornada

Foto vencellada

Saúdos a todos os RDPeros:

Cuns días de atraso, debido ás vacacións de Nadal e a todos os compromisos que leva consigo, non puidemos publicar o resumo ata agora. É o que ten estar en servizos mínimos.

O pasado domingo, antes de irnos todos de vacacións, os alumnos da EFS Río do Pozo disputaron unha nova xornada de liga, a última antes do parón. Imos ver como lles foi:

Os prebenxamíns xogaron no Pavillón de San Valentín co Animas. O resultado do encontro foi de 11-0 favorable ao Animas.

O noso equipo contou coas baixas de Tirfé, Adrián e Manuel. Esta foi unha xornada máis de aprendizaxe para os nosos onde se viron, en momentos puntuais, moi superados polo Animas pero que noutras partes do encontro souberon ofrecer moita resistencia.

Temos que facer unha mención especial ao adestrador do equipo, Brais Pérez, que está a conseguir que os seus alumnos entendan cada día mellor as regras de xogo.

Os benxamíns xogaron co CMI Unidade de Fene no Pavillón de San Valentín. O resultado do encontro foi de 0-10 favorable á EFS Río do Pozo.

Foi un partido moi participativo, no cal marcaron Mati (3 goles), Diego (2 goles), Migui (2 goles), Luis, Sergio Vilariño e Marcos.

Esperamos que despois das vacacións veñan coas mesmas ganas para enfrontar a segunda parte da tempada igual que notable que a primeira.

Os alevíns xogaron co Amistade Meirás no Pavillón da Malata. O resultado do encontro foi de 6-0 para o Amistade Meiras.

Neste partido, os nosos alumnos plataronlle cara a un dos grandes conxuntos nas últimas tempadas, tendo algunhas ocasións de perigo, pero o bo facer da defensa do Amistade Meirás impediu os goles.

Os infantís xogaron co Materiales del Atlántico - O Parrulo "A" no Pavillón da Malata. O resultado do partido foi de 9-0 favorable ao O Parrulo "A".

Os nosos alumnos seguen progresando ante un dos pesos pesados nesta liga. Ofreceron un bo encontro, só faltoulles o gol para redondear a xornada.

A anecdota da xornada tivémola neste partido, onde os dous porteiros do equipo, Daniel e Abel, recibiron senllos balonazos á cabeza, que os deixaron "fóra de xogo" durante algúns minutos, afortunadamente, sen consecuencias.

Á volta das vacacións, teremos unha nova xornada de liga, e aquí estaremos a contar todo o que pasa.

Feliz Nadal e Prospero 2010 a todos!!!

o comenta en el foro

Comenta aquí con tu cuenta de facebook