14.01.2010 Previa deste fin de semana

Foto vencellada

Saúdos a todos os RDPeros:

Xa estamos de volta tras as vacacións de Nadal. Esperamos que vos sentasen xenial estes días de parón para gozar destas datas. Pero dende hai uns días volvemos á rutina, pero faltaba algo, que eran os partidos do domingo, e este fin de semana, empezan os partidos de 2010.

Nesta ocasión, todos os partidos dos nosos equipos da EFS Río do Pozo xogaranse no Pavillón de San Valentín (Fene)

Os primeiros en xogar serán os prebenxamíns. Farano ás 16:15 co Aluminios Iglesias - Freixo. Prevese que sexa un partido igualado, xa que ambos os dous equipos chegaron a este partido con 3 puntos na clasificación, ocupando as prazas 12º e 13º da xeral. Así que que consiga a vitoria, poderá dar un pequeno salto na clasificación.

Os seguintes en xogar serán os alevíns. Farano ás 17:00 co Pizza Tutto - Freixo. Neste partido, chegan os rapaces do Pizza Tutto - Freixo como favoritos, xa que conseguiron puntuar nos tres últimos partidos que disputaron. Os nosos alumnos intentarán facer un bo partido e mostrar os seus progresos sobre a pista.

A continuación, xogarán os infantís. Farano ás 18:30 co CMI Unidade de Fene. Neste partido pode que teñamos un partido entretido, xa que se enfrontan o 4º e o 5º clasificado, aínda que os rapaces de Fene partan como favoritos neste encontro. O noso equipo intentará dalo todo para conseguir un bo resultado.

E por último, xogarán os benxamíns. Farano ás 19:15 co Optica Narón - Freixo. Sobre as estatísticas os alumnos da EFS Río do Pozo parten como favoritos neste partido, pero non se poden confiar, xa que o Optica Narón - Freixo sairá a por todas no partido e non poñerá as cousas doadas.

Dende esta web animámosvos a todos os que poidades que visitedes os pavillóns para ver os partidos!!!

Moita sorte a todos os equipos!!! Vémonos na pista!!

o comenta en el foro

Comenta aquí con tu cuenta de facebook