09.02.2010 Resumo da fin de semana

Foto vencellada

Saúdos a todos os RDPeros:

Este último fin de semana foi demasiado raro e estraño, non só para a EFS Río do Pozo, se non para todo o Fútbol Sala de Ferrolterra, xa que moitos partidos foron aprazados, incluído o dos nosos alevíns, debido á folga dos traballadores das instalacións deportivas.

Temos que recordar tamén, que os nosos infantís tampouco xogaron, xa que gozaban dunha xornada de descanso.

Pero ben, imos ir dunha vez aos partidos en si, que este fin de semana tivemos partidos de Prebenxamíns e Benxamíns.

Os prebenxamíns da EFS Río do Pozo xogaron no Pavillón de As Lagoas co Esteiro. O resultado do encontro foi de 5-0 favorable ao Esteiro.

Esta foi a 11ª xornada de liga e os nosos pequenos continúan progresando pouco a pouco. Cada vez vésenos mellor colocados no campo, e con mellores argumentos para parar o equipo contrario. O equipo contou coa ausencia de Adrián Paños, o cal, esperamos telo pronto connosco.

Os benxamíns xogaron co A Solaina "B" no Pavillón de As Lagoas. O resultado do encontro foi de 6-2 favorable para os alumnos da EFS Río do Pozo.

Foi un partido no que se mostrou un bo xogo, todos os xogadores tiveron unha moi boa liña, cun gran nivel e pelexando todas as xogadas, estando moi ben estimulado por Alberto. Houbo un momento de igualdade no partido, pero pouco a pouco, foron abrindo ocos no rival ata chegar ao resultado de 6-2.

Marcaron polo noso equipo Miguel (2 goles), Diego, Marcos, Javi e Mati.

Este partido é un paso máis que incrementa a ilusión, sobre todo vendo que quedan catro partidos de liga e o rendemento dos alumnos da EFS Río do Pozo cada vez é mellor.

Agora veñen os carnavais, así que gozar deles, xa que á volta... volverá a liga!!!!

o comenta en el foro

Comenta aquí con tu cuenta de facebook