18.02.2010 Previa deste fin de semana

Saúdos a todos os RDPeros:
Tras o parón da semana pasada, temos un fin de semana entretido, xa que os alumnos da EFS Rio do Pozo teñen partidos o sábado e o domingo.
O sábado xogarán os alevíns o partido aprazado co Roiba Detegasa. Será ás 10:00 no Pavillón de Piñeiros.
Prevese que sexa un partido igualado, xa que ambos os dous conxuntos son 9º e 10º na xeral. Aínda que temos que recordar que no partido da primeira volta o resultado foi de 2-10 favorable ao Roiba Detegasa. Pero dende aquel día, pasaron moitas cousas.
O domingo teremos un dos días máis entretidos na historia do club, xa que pola mañá temos dous partidos e unha asemblea, e pola tarde, outros dous partidos.
Os primeiros en xogar serán os alevíns, ás 10:30 no Pavillón de San Valentin (Fene), co Materiales del Atlántico - O Parrulo "A".
O equipo ferrolán parte como favorito no choque, xa que é 3º na xeral e non quererá perder comba na loita pola liga. Pola súa banda, a EFS Río do Pozo intentará que non lle pase factura o esforzo realizado no dia anterior fronte ao Roiba Detegasa.
Ás 11:15, e tamén no Pavillón de San Valentín (Fene), xogarán os equipos infantís de ambas as dúas escolas. Os alumnos da nosa Escola intentarán mostrar todos os seus progresos neste partido e realizar un bo partido.
Ao finalizar o partido, todos os que seais socios acordarvos que teneis que ir á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará á sede do club, e que será ás 12:30 en primeira convocatoria e ás 13:00 en segunda convocatoria.
E coa comida aínda na boca, para máis dun, volta aos partidos, nesta ocasión para os alumnos de prebenxamíns e benxamíns que xogarán no Pavillón Das lagoas (Narón)
Os prebenxamíns xogarán co Neda "B" ás 16:30. Prevese que sexa un partido entretido e igualado, xa que a distancia entre ambos os dous conxuntos é de, tan só, 3 puntos.
Os nosos alumnos intentarán mostrar todos os seus progresos que tiveron nestas últimas semanas sobre a pista.
E por último, xogarán os benxamíns, xogarán co Roiba Ferca ás 17:15. Probablemente este sexa o partido do ano, xa que se enfrontan o 1º e o 2º da xeral e o que gañe este partido ten será o máximo favorito para gañar a liga. Prato forte o que temos para pechar a xornada.
Dende esta web animámosvos a todos os que poidades que visitedes os pavillóns para ver os partidos!!!
Moita sorte a todos os equipos!!! Vémonos na pista!!
















