Resumo da fin de semana
23/03/2010

Saúdos a todos os RDPeros:
Este domingo tivemos a última xornada das ligas prebenxamín, benjamin e infantil e unha nova xornada máis para os alevíns. Imos ver como lles foi aos alumnos da EFS Rio do Pozo:
Os prebenxamíns xogaron co Amistade Meirás "B". O resultado foi de 4-1 para a EFS Rio do Pozo.
Estupenda xornada para os nosos Prebenxamíns, que sumaron os últimos 3 puntos que había en xogo. Tocouse o balón, controlouse coa planta e mesmo se fixeron pases (incrible...), en fín algo axudou o equipo contrario que nalgunhas fases do partido estivo algo frouxo. Pero non obstante os nosos pequenos estiveron serios no campo e souberon chegar a portaría contraria con autoridade.
O noso Borja estivo inconmensurable e non había quen o parase no campo. Meteu tres preciosos goles no primeiro tempo. Oscar meteu o cuarto, cruzando un balón que non puido deter o porteiro contrario.
Como sempre Andrei estivo moi atento aínda que non tivo moito traballo.
Temos que lamentar un incidente cando estaba a rematar o encontro, e é que Jesús se dió un forte golpe na cabeza contra a bancada, e houbo que levalo ao Hospital a curar a brecha que se fixo. Segundo os pais xa se encontra ben. Dende aquí mandámosche un forte abrazo do club e dos teus compañeiros. Que che recuperes pronto campión.
Os benxamíns xogaron co Compañia de María. O resultado foi de 5-3 para a EFS Rio do Pozo. Partido vibrante, cun bo conxunto en fronte, que os nosos alumnos tiveron que pelexar para ir por diante no marcador, que o conseguiron ao principio, para case se igualar mediada a segunda parte e aliviarse co 5-3 para os nosos alumnos.
Por parte do noso equipo marcaron: Diego (2 goles), Mati, Migui e Luis.
Os nosos alumnos necesitaban a vitoria e a picada do Materiales del Atlántico - O Parrulo "A" fronte ao Roiba Ferca para conseguir o Subcampionato de Liga. Pero non foi así, xa que o Materiales del Atlántico - O Parrulo "A" conseguiu gañar por 0-4 ao Roiba Ferca e polo tanto, os alumnos da EFS Rio do Pozo finalizan a Liga en 3º posición. En definitiva, unha liga que constata un paso moi importante neste grupo que progresa ano a ano, froito da continuidade, unidade e esforzo duns alumnos que senten este deporte xunto co seu adestrador, Alberto Fidalgo, que soubo subilos un chanzo máis. Parabéns aos benxamíns, xa que son un exemplo de equipo.
Os alevíns xogaron co Materiales del Atlántico - O Parrulo "B". O resultado do encontro foi de 10-0 favorable ou O Parrulo "B". Novo paso adiante dos nosos alumnos na súa melloría no encontro disputado este domingo. O Parrulo "B" dominou o encontro de inicio a fin, pero foi un equipo cun comportamento exemplar tanto durante o partido, coma á finalización deste. Este partido serve de mellora tanto individual coma colectiva da EFS Rio do Pozo. O equipo fai coberturas, trenzamos xogadas en ataque, falámonos, cousa que fai que esteamos no partido durante todo momento.
Os infantís xogaron co Materiales del Atlántico - O Parrulo "B". Sentimos non ter mais datos deste partiudo.
O próximo domingo gozaremos dunha nova xornada de liga. Esperámosvos!!!!









