Resumo da fin de semana
30/03/2010

Saúdos a todos os RDPeros:
Este último domingo foi moi light en canto a partidos, xa que coa Semana Santa preto, só houbo un partido, o dos nosos alumnos alevíns, que aínda non finalizaron a liga e lles quedan unhas poucas xornadas.
Os nosos alevíns xogaron no Pavillón da Malata co Amistade Meirás. O resultado do encontro foi de 11-0 favorable ao Amistade Meirás.
Malia o que o luminoso marcaba ao final do encontro, nosos alumnos avanzaron un pouquiño máis, ordenados en defensa malia algun despiste, saíndo co balon controlado, cubrindo as posicións dos compañeiros que subian ao ataque, ordenando a defensa e premendo nalgunhas fases do partido o equipo contrario no seu campo.
Hai que destacar o inmellorable comportamento do equipo do Amistade Meiras tanto na pista como ao finalizar o encontro.
Xogaron polo cadro laranxa Abel, Alex Fernandez, David, Adrian, Miguel Piñeiro e os benxamíns Miguel, Marcos e Alex Mejuto. Pola contra, sufrimos as baixas de Alex Calvo, Alexandre e Jose Angel.
Á volta de Semana Santa, aquí estaremos de novo a contar o que pase nos partidos dos nosos alumnos na recta final da tempada!!!









