Previa deste fin de semana

06/05/2010

Foto vencellada

Saúdos a todos os RDPeros:

Pouco a pouco, a tempada oficial remata para moitos equipos, xa que finalizan a súa participación na Copa. Este domingo teremos o último partido dos nosos alumnos das categorías prebenxamín e infantil e o penúltimo dos alevins. Todos os partidos serán no Pavillón Campo da Serra (Santa Icia). Os benxamíns gozan da xornada de descanso, sabendo que xa estan clasificados para a fase final da Copa. Imos ver o que temos por diante este domingo:

Os prebenxamíns xogarán co Canido, ás 17:15. Sobre o papel, parte como favorito o Canido, xa que buscará a vitoria para clasificarse directamente para a fase final de Copa. Os nosos alumnos intentarán realizar un bo partido, e sobre todo, pasalo ben e aprender xogando, e así poder despedir a tempada oficial do mellor xeito posible.

Os alevíns xogarán co Cidade de Narón, ás 18:00. Os nosos alumnos enfrontaranse cun óso duro de roer, xa que o Cidade de Narón é o Campión de Liga e non poñerá as cousas doadas aos nosos alumnos. Os nosos alumnos intentarán ofrecer a súa mellor versión para así poder realizar un bo partido.

Os infantís xogarán co Materiales del Atlántico - O Parrulo "A", ás 18:45. Coa clasificación na man, este partido xa é intranscendente, xa que O Parrulo "A" xa ten asegurada a súa clasificación para a Final de Copa e os nosos alumnos xa non se xogan nada. A parte positiva destes partidos é que se pode dar a sorpresa e se os nosos alumnos realizan un bo encontro poden poñer en serios problemas ao O Parrulo "A" e poder arreporlles durante o encontro e así finalizar a tempada oficial do mellor xeito posible.

Dende esta web animámosvos a todos os que poidades que visitedes os pavillóns para ver os partidos!!!

Moita sorte a todos os equipos!!! Vémonos na pista!!