20.05.2010 Aberto o prazo de inscrición para a tempada 2010-2011

No día de hoxe, a dirección da Escola de Fútbol Sala Río do Pozo comunica a apertura do prazo de inscrición ou renovación de alumnos para a tempada 2010-2011.
Clube Deportivo Río do Pozo nace en Outubro de 2006 cunha finalidade e unha metodoloxía como é "educar xogando".
Para a futura tempada 2010-2011 decidímonos a por en marcha a terceira fase do noso proxecto deportivo. Unha terceira fase na que, despois de estabilizar as dúas anteriores, decidiu impulsar o Ciclo de Perfeccionamento e Rendemento.
Componse, polo tanto, a Escola de Fútbol Sala Río do Pozo por:
Un Ciclo de Iniciación, orientado a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 9 anos e clasificados da seguinte forma:
. Etapa Pre-Benxamín (nados/as en 2003 e 2004)
. Etapa Benxamín (nados/as en 2001 e 2002)
Un Ciclo de Formación e tecnificación orientado a alumnos de idades comprendidas entre os 10 e os 13 anos e clasificados da seguinte forma:
. Etapa Alevín (nados/as en 1999 e 2000)
. Etapa Infantil (nados/as en 1997 e 1998)
Un Ciclo de Perfeccionamento e Rendemento orientado a alumnos de idades comprendidas entre os 14 e 15 anos.
. Etapa Cadete (nados/as en 1995 e 1996)
PROCESO DE INSCRICIÓN
Se desexas inscribirte en calquera dos nosos equipos pódelo facer a través das seguintes formas:
. Descargando a Solicitude / renovación de ingreso, que se encontra na nosa sección "Xogas" e enviándoa ao noso apartado de correos (Apartado nº2 | cp 15570 | Narón) a través do correo ordinario, ou se o prefires, a través da dirección de correo electrónico: efsriodopozo@cdriodopozo.com
















