02.06.2011 Reunión Pais Escola Predeporte

Alegrámonos en convocar aos pais dos alumnos da Escola Predeporte á próxima reunión que se celebrará no Local Social do club na seguinte data e hora.
Lugar: Local Social de Nelle, Estrada de Cedeira, s/n C.P.: 15578
Data: Sábado, 18 de Xuño de 2011
Nova Data: Sábado, 25 de Xuño de 2011
Horarios: 13:00
Os puntos a tratar na citada reunión, salvo imprevisto, serán os que seguen:
- Valoración, por parte do Director da Escola e do monitor responsable, do labor técnico levada a cabo ata a data así como recollida das consultas, dúbidas ou suxestións que os propios asistentes puidesen propor.
- Presentación, por parte do Director da Escola, do proxecto deportivo 2011/2012 para a Escola Predeporte e o corpo técnico responsable das súas actividades. Da mesma forma, entregarase a cada un dos asistentes un horario de adestramentos que, aínda que de carácter provisional, colaborará en poder planificar o horario de actividades de cada un dos alumnos.
- Presentación, por parte do Secretario, do proceso de matrícula de face a poder formalizala para o próximo curso. Facilitaranse desta forma solicitudes e/ou renovacións dos documentos de socio, matrícula de alumnos e autorizacións paternas para aqueles interesados.
- Presentación, por parte do Presidente, da Festa de Fin de Curso que se celebrará para todos os alumnos durante a primeira quincena do mes de Xullo.
Esperamos vervos a todos!
Da mesma forma, no mesmo lugar pero en diferente horario, farase unha breve presentación da próxima tempada para aqueles interesados en matricularse na Escola de Fútbol sala de face á próxima tempada 2011/2012.
- Lugar: Local Social de Nelle, Estrada de Cedeira, s/n C.P.: 15578
- Data: Sábado, 25 de Xuño de 2011
- Horarios: 11:30















