11.12.2010 Celebración Asamblea Xeral e Día do Club

Foto vencellada

No día de hoxe, Clube Deportivo Río do Pozo, celebra a Asemblea Xeral Ordinaria do clube.

Durante a mesma presentaranse os alumnos das dúas Escolas Deportivas que, desde este ano, conforman Clube Deportivo Río do Pozo: a Escola de Fútbol sala e a nova Escola Predeporte.

Os actos comezarán ás 12 da mañá coa Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará na sede do club e trasladaranse ás 14 horas ao Hotel Narón situado no Polígono Río do Pozo onde todos os socios e socias de Clube Deportivo Río do Pozo gozarán dunha comida.

Horas máis tarde, ás 17 horas, os actos trasladaranse ao Pavillón de Castro onde os alumnos das dúas Escolas tomarán o protagonismo e levarán a cabo unha serie de actividades deportivas como: voleibol, kin-ball, fútbol sala, baloncesto, xogos populares e até un circuíto de mini-kart

Clube Deportivo Río do Pozo celebra así unha xornada social que, cos seus socios, alumnos e familias, achegará así o club aos membros da súa comunidade e á súa contorna

o comenta en el foro

Comenta aquí con tu cuenta de facebook